Radio local

Onda Cero Pontevedra

13/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (13-04-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e da semana nesta xornada de venres. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e, ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana que temos por diante. Pechamos o programa escoitando a outro dos grupos que forman parte do cartel do Galegote Rock 2018: "Voodo"

Onda Cero Pontevedra

12/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (12-04-2018)

A actualidade do día e a música de Dakidarría, convidados ao Galegote Rocke, centran a nosa atención na primeira parte do programa. Seguimos dando voz aosector da viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e falamos de saúde coa instrutora de pilates e xerente de "Aläia Salud", Raquel Carragal. Rematamos o programa con Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

10/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (10-04-2018)

Escoita aquí o programa especial desde o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: conversamos coa concelleira de Cultura, Carme Fouces, e con moitas das protagonistas desta XIX edición baixo o lema "Mulleres de conto". México é o primeiro país convidado e está presente como fío condutor durante todo o programa.

Onda Cero Pontevedra

09/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-04-2018)

A actualidade do día, o espazo de motor e a predicción do tempo abren o programa deste inicio de semana. Adiantamos a luns o almorzo informativo semanal desde a Cafetería Moi Bo de Pontevedra, visítanos o alcalde de Bueu, Félix Juncal. E buscamos ritmo coas novidades musicais de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

06/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (06-04-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e da semana nesta xornada de venres. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e, ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana que temos por diante.

Onda Cero Pontevedra

04/04/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

04/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (05-04-2018)

Os Orzamentos Xerais do Estado centran a nosa atención na primeira parte do programa coas valoracións dos diferentes grupos políticos desde Pontevedra. Buscamos a predicción meterolóxica e abrimos tempo de entrevista cos mestres da Escola de Xadrez de Pontevedra como convidados. Falamos de saúde coa nutricionista Amil López e rematamos o programa cunha nova edición de xoves de conto da man de Carmen Quinteiro

Onda Cero Pontevedra

04/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (04-04-2018)

Repasamos a actualidade do día e buscamos a predicción metereolóxica na primeira parte do programa. No tempo de entrevista analizamos a actualidade co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. E visítanos a nosa coach, Raquel Pedrouso, para axudarnos a traballar o autocoñecemento

Onda Cero Pontevedra

03/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (03-04-2018)

Xornada de balances turísticos sobre a ocupación hotelera de Semana Santa. Turismo Rías Baixas situa nun 68% o nivel de pernoctas durante este primer test da temporada. Nesta liña, falamos co presidente do CETS de Sanxenxo e almorzamos, na cafetería Moi Bó, con Lorena Varela, xerente da Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas. Pechamos o programa mergullados entre libros cos amigos e amigas da Librería Cronopios.