Radio local

Onda Cero Pontevedra

14/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (14-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade desta xornada de mércores pasada por auga e vento cunha nova borrasca que afecta a Galicia. No tempo da entrevista conversamos co escritor Alejandro Palomas, estivo con nós en Cronopios para presentar a súa última novela gañadora do Premio Nadal: "Un amor". Ademais, subímonos ás bicis cos amigos de PEDALADAS para coñecer unha nova edición do programa formativo "Ao Insti en Bici" e ao primeiro equipo ciclista feminino da cidade dentro do Club Farto.

Onda Cero Pontevedra

13/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (13-03-2018)

Os martes son sinónimo de almorzo informativo na Cafetería Moi Bo de Pontevedra, hoxe convidamos ao alcalde de Barro, Xº Manuel Fernández Abraldes. Repasamos a actualidade do día e ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

12/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (12-03-2018)

Abrimos o programa repasando a actualidade e os asuntos que marcarán a semana que hoxe inauguramos. Buscamos a predicción metereolóxica e abrimos espazo de motor con Abel Millán, hoxe conectámonos con Lalín en conta atrás para a celebración do Rali do Cocido. Ademais, como cada luns, escoitamos boa música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

09/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e da semana nesta xornada de venres marcada pola folga de mulleres e as concentracións do 8 de marzo. Con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS e, ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural, gastronómica e de ocio para desfrutar da fin de semana que temos por diante.

Onda Cero Pontevedra

07/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (07-03-2018)

Repasamos a actualidade desta xornada, véspera do 8 de marzo, coa mirada posta na convocatoria de folga de mañá e na inauguración da exposición "Rompe. Xoga en igualdade" no vestíbulo da Deputación de Pontevedra. No tempo da entrevista falamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís, e recibimos a visita de Raquel Pedrouso, coach de cabeceira no programa.

Onda Cero Pontevedra

06/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (06-03-2018)

Repasamos a actualidade do día e buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. Almorzamos na Cafetería MOI BO coa concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

05/03/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

05/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (05-03-2018)

Comezamos a semana repasando a actualidade e cumprindo cos compromisos de cada luns: acender os motores con Abel Millán e escoitar música en galego, hoxe temos versión extendida de "Cántamo... en galego!" coa visita a Pontevedra de Xabier Diaz.

Onda Cero Pontevedra

02/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (02-03-2018)

Actualidade marcada pola celebración do primeiro congreso femenino de columnistas: 'As mulleres que opinan son perigosas'. Facemos varias conexións co Teatro Principal de Pontevedra. Coñcemos en que consisten as reformas dos servizos de urxencias do hospital Quiron Salud-Miguel Domínguez. A maiores coñecemos as novedades do edición de Edugal 2018 e anticipamos algúns detalles da Feira do Caldo de Mourente. E pechamos convidando a asistir o concerto de Lákazans, na sala Karma de Pontevedra. Boa fin de semana!!!