PSOE Ourense

Visita a Bruselas

21/02/2022 12:50

O Psoe denuncia a última viaxe de Baltar a Bruselas pagada con cartos públicos

“Reuníronse con dous comisarios do PP, pero ningún executa un só euro de fondos europeos”, desvelou González Casares antes de sinalar que “non foron nin recibidos” pola presidenta do Parlamento Europeo.

Villarino denunciou esta “propaganda” e lamentou que “este tipo de enganos non benefician a ninguén e afástanse do que realmente precisa a provincia” para acadar fondos europeos “moi necesarios”

González Casares cualificou de “visita fallida” e “paripé” a viaxe coa que Baltar pretendía “enganar” e “embarrar o campo”, para reclamar uns fondos de recuperación pola pandemia da Covid-19.

Concello de Ourense

21/02/2022 08:07

O Psoe pídelle a Jácome e ó PP que se deixen de "falsas promesas" co barrio da Ponte

Os socialistas denuncian que no que vai de mandato “non houbo nin un só avance para pór en funcionamento” a oficina do ecobarrio, o Espazo Lusquiños ou a praza de abastos da Ponte.

Critican tamén as promesas incumpridas na rehabilitación da maquina do tren e esíxenlle á Xunta “solucións” ao valado da beirarrúa da Ponte Romana e un plan de actuación nas rúas e beirarrúas do barrio.

Con Jesús Alvarez

11/02/2022 14:12

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 11/02/2022

No informativo de Más de Uno Ourense abordamos a polémica do “fugaz e bronco” pleno celebrado en Ourense que tivo que ser suspendido trala expulsión do edil nacionalista Luis Seara e repasamos os últimos datos da incidencia da COVID na área sanitaria de Ourense, Verín e O barco.

Pleno Concello de Ourense

11/02/2022 13:09

O Psoe denuncia a actitude "ditatorial" de Jácome e as súas continuas faltas de respecto

Os socialistas argumentan que o acontecido hoxe “supera todos os límites” e afirman que os insultos e faltas de respecto “son algo inadmisible en democracia” e un “bochorno” para a cidadanía

Apuntan a que esta actuación obedece a unha “lóxica” e aos “escuros intereses” de Jácome para que os concelleiros do PSOE se ausentasen e non saíse adiante a modificación do chan da parcela do Pino.

Os socialistas afirman que Pérez Jácome “é unha persoa que non é exemplo, nin representa a Ourense”, motivo polo que lle piden ao Partido Popular, que o sustenta actualmente no poder, que “dea un paso adiante para apartar a esta persoa da cadeira da alcaldía e mude estes comportamentos xa”.

Concello de ourense

09/02/2022 12:26

O Psoe pide a peatonalización da cidade os domingos pola maña para fomentar a practica deportiva

Os socialistas instan ao Concello a seguir o exemplo de cidades a nivel galego, nacional e mundial e propoñen dúas posibles localizacións, un tramo da Avenida Ribeira Sacra e outro da rúa Progreso.

Subliñan que “namentres as cidades do mundo se fan para vivir, aquí están facendo que a vida marche da cidade” e apuntan que “queremos traer a vida a Ourense e que se estas alternativas se leven á práctica”.

Con Jesús Alvarez

01/02/2022 14:05

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 01/02/2022

No informativo de “Más de Uno Ourense” falamos do novo descenso de casos activos de COVID na provincia de Ourense, da sentencia que absolve ao ex alcalde popular Manuel Cabezas e ao ex edil Ricardo campo de prevaricación e malversación e da demisión de tres edis do Psoe no concello de Melón.

Pensionistas

28/01/2022 08:08

A revalorización das pensións beneficiará a máis de 106.000 pensionistas da provincia

Os socialistas destacan que o Goberno cumpre con Ourense ao aprobar unha lei para “garantir que as pensións suban de forma automática co IPC” e afirman que “revalorizaranse un 2,5% en 2022”.

Abellás, Tizón e Bautista apuntan “aos dous modelos para abordar unha crise”, afirmando que “fronte os que quixeron acabar co sistema público de pensións (PP), o PSOE opta por acordar e garantir un sistema de pensións xusto e sostible”.