PSOE Ourense

Concello de ourense

25/05/2022 13:08

Baltar e Montse Lama amparan e aplauden a Jácome

O PSOE cualifica como “inasumible para a democracia” que Ojea negase a existencia da agresión e que a deputada tránsfuga Lama amosase compresión polo agresor.

Más de uno ourense

24/05/2022 19:17

Noticias Mediodía Ourense 24/05/2022

O PP na deputación rexeitará en pleno extraordinario a petición de demisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome solicitada polo Psoe pola agresión a unha sindicalista. Para o presidente da deputación, Manuel Baltar este é un asunto zanxado na vía política. Escoitámolo no informativo de "Más de Uno Ourense" no que Baltar tamén da por feito que o pacto con democracia ourensana non lles pasará factura nas eleccións municipais de 2023.

Concello de ourense

20/05/2022 08:04

O Psoe avoga por unhas propostas "serias e realistas"

Os socialistas critican que Jácome “non ten definidas nin as bases, nin a convocatoria das axudas” e opta por convocatorias a través de canles “non oficiais” e sen pór ningunha proposta por riba da mesa

Concello de ourense

19/05/2022 08:06

O P.P. planta o Psoe na reunión para falar da gobernalidade da cidade

Os socialistas afirman que ao PP “caeulle a careta” e que “xa non valen as escusas”, polo que sinalan que Feijóo, Rueda e Baltar “son os únicos responsables de seguir mantendo na alcaldía a un señor que avergonza á cidadanía de Ourense”

Más de uno ourense

13/05/2022 14:04

Noticias Mediodía Ourense 13/05/22

CCOO formalizou no xulgado unha denuncia penal contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome trala agresión a unha sindicalista. É unha das novas do informativo de "Más de Uno Ourense" no que escoitamos tamén a valoración "positiva" do ex edil do BNG Fernando Varela tralo arquivo dunha das pezas da investigación da Operación Pokemon que provocou a sua demisión e o descabezamento do goberno bipartito en 2012

Concello de ourense

13/05/2022 08:06

O Psoe acusa o PP e a Jácome de "paralizar" a cidade

Os socialistas critican que o grado de execución orzamentaria é o “máis baixo da historia” dende 2011, con só o 41,9% executado, o que “denota a falta de xestión por parte do PP e DO”

Concello de Ourense

10/05/2022 08:00

O Psoe condena que Baltar denfenda a Jácome

Tamén piden unha condena institucional unánime da brutal agresión e instan a Baltar e a Feijóo a romper todas as relacións ou acordos vixentes co alcalde agresor