Temas

mas de uno provincia de pontevedra

Más de Uno Provincia de Pontevedra

Que coidados necesitan os viñedos durante o verán?

En Onda Cero concedemos protagonismo ao sector da viticultura, un sector clave para a economía da provincia de Pontevedra. Da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas, coñecemos aos diferentes profesionais e adegas.

CITA A CEGAS NO MUSEO

José Manuel Rey: "Santa Clara estará aberto por obras, queremos que a cidadanía coñeza os traballos arqueolóxicos"

Hoxe pechamos a nosa temporada de citas no Museo de Pontevedra co seu director, José Manuel Rey, como guía. Citámonos no Convento de Santa Clara para facer unha visita e coñecer os traballos arqueolóxicos que comezarán a semana que vén. O estudo arqueolóxico e histórico analizará 15.417 metros cadrados de superficie do complexo conventual cun amplo equipo de traballo multidisciplinar que estará formado por 20 persoas, entre as que haberá arqueólogas, restauradoras, antropólogas, historiadoras, documentalistas e outro persoal técnico.

CON JUAN DE SOLA Y VÍCTOR BLANCO

Mas de Uno Noticias Provincia de Pontevedra 08/06/2022

Repasamos las noticias de la jornada centrados en Madrid, ya que familiares de los fallecidos del 'Villa de Pitanxo'; se encuentran allí y en Vigo, la conselleira de infraestructuras, Ethel Vázquez, hizo declaraciones por el posible trasvase del río Verdugo.

PROGRAMA ESPECIAL DENDE BUEU

Más de Uno Provincia de Pontevedra 08/06/2022

Celebramos o Día Mundial dos Océanos desde Bueu. Trasladamos o noso estudio de radio ata o Estaleiro da Banda do Río para coñecer o proxecto de reforma deste patrimonio marítimo e cultural. Ademais, este ano Bueu estreará unha quinta bandeira azul nas súas praias e conversamos co alcalde, Félix Juncal, sobre o compromiso do seu goberno co medio ambiente.

Máis de Un Provincia de Pontevedra

Xaquín Moreda: "Santa Clara é coma unha cápsula do tempo"

Visitamos o Convento de Santa Clara co concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, como guía. Por primeira vez, os nosos micros pasean por cada un dos espazos do convento que xa é patrimonio municipal a disposición de toda a cidadanía de Pontevedra. Esta fin de semana o Concello organiza dúas novas xornadas de portas abertas. Anímate a visitar Santa Clara!