Más de Uno Lalin

Onda Cero Pontevedra

27/12/2019 14:20

Mas de Uno Pontevedra (27-12-2019)

O último venres de 2019 marcado por un novo caso de violencia machista na cidade de Pontevedra. Tamén, por unha nova Lei de Pesca que penaliza o furtivismo. Falamos de ela co sector. Coñecemos a mellores recomendacións para practicar deporte durante o embarazo. E o colectivo Animalista Libera pide os reis magos que o concello de Pontevedra non utilice animais vivos na cabalgata do cinco de xaneiro. Analizamos a problemática da sustracción/roubo de bicicletas no concello e a implementación da medida 10km/h para ciclistas en Pontevedra. E, como cada fin de semana, repasamos a nosa axenda cultural e de ocio dos vindeiros días.

Onda Cero Pontevedra

20/12/2019 15:03

Mas de Uno Pontevedra (20-12-2019)

Comezamos o último programa do outono repasando a actualidade do día e resumindo as principais noticias da semana que hoxe despedimos. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

19/12/2019 14:17

Mas de Uno Pontevedra (19-12-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada de xoves marcada polas incidencias do último temporal de vento e choiva. Convidamos á presidenta do Pontevedra C.F., Lupe Murillo, a unha entrevista persoal no Hotel Rías Bajas. Ademais, visítanos a concelleira de Benestar Social en Pontevedra, Paloma Castro, e Charo Baamonde, traballadora social da Asociación Boa Vida para presentarnos a cea de Nadal Solidaria que organizan esta Noite Boa.

Onda Cero Pontevedra

18/12/2019 15:07

Revitaliza en "Más De Uno Pontevedra" (18-12-2019)

Falamos de compostaxe con Álvaro Fuentes, chef da Taberna Meloxeira no Grove. Neste restaurante levan xa dous anos xestionando os residuos da cociña a través da compostaxe.

Onda Cero Pontevedra

18/12/2019 14:46

Mas de Uno Pontevedra (18-12-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día, apuntándonos á compostaxe co programa "Revitaliza" da Deputación de Pontevedra e abrimos tempo de entrevista para falar de teatro co actor Manuel Manquiña que este sábado chega a Lalín con "Relatos negros". Ademais, como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Goyo Revenga, concelleiro de Ciudadanos, é hoxe o convidado. Completamos o programa con Raquel Pedrouso, a nosa coach de cabeceira.

Onda Cero Pontevedra

17/12/2019 14:40

Más de Uno Pontevedra (17-12-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día e coñecendo a enquisa que promove CEMUDIS, a Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade. Hoxe temos versión extendida de radio lectora desde Cronopios coa visita de Pedro Feijoo e a súa nova novela, "Un lume azul". Ademais, completamos o programa co espíritu de Nadal activado falando de gastronomía e poñendo en valor o sector conserveiro coa visita de Alejandro Daporta.

Onda Cero Pontevedra

16/12/2019 14:07

Mas de Uno Pontevedra (16-12-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns e cunha nova entrega do noso tradicional sorteo de Nadal da man de "El Nogal". Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz e, como cada luns, falamos de deporte e motor con Rubén Rey e Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

13/12/2019 14:20

Onda Cero Pontevedra

13/12/2019 14:20

Más de Uno Pontevedra (13-12-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e resumindo as principais noticias da semana que hoxe despedimos. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana. Salientamos o concerto de Cora Velasco na Sala Karma e o turismo de proximidade polas Terras de Pontevedra coa concelleira Gloria Blanco.

Onda Cero Pontevedra

12/12/2019 14:14

Más de Uno Pontevedra (12-12-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada de xoves coa ollada no Parlamento de Galicia onde hoxe se falou do plan de saneamento da Ría de Pontevedra. Convidamos á nova Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro, a unha entrevista persoal no Hotel Rías Bajas. Ademais, visítanos a concelleira de Benestar Animal en Pontevedra, Paloma Castro, e Quique Mauricio desde "Polo Correo do Vento" para presentarnos as campañas "Cander" e "Mihaoo" que buscan fomentar as adopcións de cans e gatos.

Más de Uno Pontevedra

11/12/2019 15:10

Cuestionario persoal: Anabel Gulías

Cada mércores, os políticos pontevedreses sométense ao cuestionario persoal de Susana Pedreira. Nesta ocasión, coñecemos mellor a Anabel Gulías, voceira do goberno local e concelleira de Réxime Interior, Contratación e Promoción da cidade.