Temas

luciano sobral

Onda cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (30-07-2020)

Comezamos o programa coa actualidade desta xornada de xoves, conversamos co presidente da FANPA, Rogelio Carballo e escoitamos o que a rúa responde. Coñemos a previsión do tempo para as vindeiras horas e falamos co alcalde de Poio, Luciano Sobral, sobre a polémica en torno ao mapa de emerxencias. Abrimos tempo de entrevista coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Completamos o programa de ruta polos mosteiros da provincia con Andrea Carrera

Almorzo Rías Bajas

Luciano Sobral: "Podería deixar xa a alcaldía coa satisfacción de ter transformado Poio"

O alcalde de Poio afronta o seu sétimo mandato coa decisión tomada de que será o último, unha das novidades na vida de Luciano Sobral que analizamos con el neste almorzo informativo desde o Hotel Rías Bajas de Pontevedra. Repasamos con Sobral os obxectivos que se marca para este 2020 e os retos a conquerir durante o seu último mandato como alcalde. Por exemplo, a posta en valor dos espazos públicos, con máis protagonismo para a veciñanza; a mellora da PO-308, o futuro Centro de Saúde ou o relanzamento do PXOM. Durante a conversa, tamén fixemos balance dos seus 40 anos de vida dedicada á política municipal en Poio. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (26-12-2017)

Comezamos analizando a actualidade do día e conversando co alcalde de Poio, Luciano Sobral, sobre a peaxe da AP-9 e a comarcalización dos parques de bombeiros, dous dos temas que esta tarde debaten en pleno. No último almorzo informativo do ano desde a cafetería MOI BO convidamos ao presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. E, como cada martes, abrimos espazo CRONOPIOS coa nosa libreira de cabeceira, Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (04-12-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica, ademais de conversar co alcalde de Poio, Luciano Sobral, neste inicio de semana importante para Combarro. Falamos do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e do mundo do motor co noso compañeiro Abel Millán. Como cada luns, poñemos voz ao programa municipal A MEMORIA DAS MULLERES e temos unha nova edición de "Cántamo... en galego!", hoxe escoitamos a SONIA LEBEDYNSKI, a última das convidadas ás nosas entrevistas musicais