Luciano Sobral: "Podería deixar xa a alcaldía coa satisfacción de ter transformado Poio"
O alcalde de Poio afronta o seu sétimo mandato coa decisión tomada de que será o último, unha das novidades na vida de Luciano Sobral que analizamos con el neste almorzo informativo desde o Hotel Rías Bajas de Pontevedra. Repasamos con Sobral os obxectivos que se marca para este 2020 e os retos a conquerir durante o seu último mandato como alcalde. Por exemplo, a posta en valor dos espazos públicos, con máis protagonismo para a veciñanza; a mellora da PO-308, o futuro Centro de Saúde ou o relanzamento do PXOM. Durante a conversa, tamén fixemos balance dos seus 40 anos de vida dedicada á política municipal en Poio. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.