lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

04/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (04-04-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e visitando Caldas de Reis para cumprir co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos co deputada socialista e activista trans, Carla Antonelli, que esta tarde visita de xoves visita Pontevedra. Ademais, falamos de saúde para adentrarnos nas xornadas sobre dano cerebral adquirido que organiza o Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud. Completamos o programa con Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

02/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (02-04-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando co candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a predicción do tempo e cumprimos co noso reto de abril buscando 20 destinos de primavera: o hotel pousada do Castelo de Soutomaior recibe a nosa visita. No tempo da entrevista falamos coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, e coa escritora Laura Freixas sobre a xornada "Muller e poder" que se celebra mañá na Escola de Igualdade María Vinyals. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

01/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (01-04-2019)

Comezamos a semana estreando o mes de abril con pleno da corporación municipal de Pontevedra e buscando a predicción do tempo para as vindeiras xornadas. Visitamos Sanxenxo para falar coa directora do Hotel Spa Galatea inauguramos un novo reto: "Abril, 20 días, 20 destinos de primavera". Temos hoxe versión extendida de "Cántamo... en galego" conversando con SÉS. Ademais, como cada luns, abrimos o espazo de motor e seguridade viaria con Abel Millán.

Onda Cero Pontevedra

29/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (29-03-2019)

Comezamos o programa coa actualidade deste venres marcado pola concentración dos traballadores de ENCE no pleno da Deputación. Ademais, repasamos a actualidade da semana que hoxe despedimos e buscamos a predicción metereolóxica. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS, hoxe coa concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, para coñecer o proxecto "REDEIRAS". Completamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

27/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (27-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica. Hoxe temos cita con experta: María Cobián, desde María Cobián y Asociados, danos todas as claves da nova campaña da Renta que comeza o 2 de abril. Completamos o programa con Raquel Pedrouso, coach de cabeceira do programa, que hoxe nos visita acompañada dos mozos e mozas inscritos no programa "Formatéate" da Fundación Secretariado Gitano. FOTO: Beatriz Ciscar

Onda Cero Pontevedra

25/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (25-03-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade local e buscando a previsión metereolóxica. Abrimos unha nova edición de "ConcienciaTEC" con David López Pazos para aprender a sacar partido ás novas tecnoloxías. Como cada luns, falamos de motor e seguridade viaria con Abel Millán e completamos o programa coa mellor música en galego.

Onda Cero Pontevedra

22/03/2019 06:00

Onda Cero Pontevedra

22/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (22-03-2019)

Comezamos o programa coa actualidade deste venres e co habitual repaso pola actualidade da semana que hoxe despedimos. Buscamos a predicción metereolóxica e abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau. Ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio que hoxe pon o foco en "Cabos soltos", o novo programa municipal para apoiar a cultura emerxente na cidade de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

21/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (21-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e conversando co portavoz do PP e candidato á alcaldía en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a predicción metereolóxica e concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Como cada xoves, falamos de saúde: Mónica Santos,vicepresidenta da Asociación BATA é hoxe a nosa convidada. Ademais, recibimos a Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

20/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (20-03-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista, convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega