Normalización Lingüística - Concello de Pontevedra
31/12/2018 06:00
Cántamo en Galego (07-01-2019)
Escoita aquí a sección desta semana
Normalización Lingüística - Concello de Pontevedra
31/12/2018 06:00
Escoita aquí a sección desta semana
Onda Cero Pontevedra
31/12/2018 06:00
Último programa de 2018. Este fin de semana, os veciños de Os Praceres, en Pontevedra, xa tomaron as doce uvas a modo de reivindicación para face visibles as “aberracións” coa parroquia de Lourizán. Tamén, facemos unha parada no concello de Marín onde anticiparon a entrada do ani novo. A mediodía moitas familias participaron desta tradición adiantada neste concello que fixo o mesmo que Vilagarcia, Sanxenxo ou Cambados. Neste ambiente, falamos do tráfico e a carreira da San Silvestre. E, no último tramo, repasamos as últimas novas do motor e revisamos o máis relevante da música en Cántamo en Galego. ¡Feliz Ani Novo!
Onda Cero Pontevedra
24/12/2018 06:00
Día de noite boa coas lonxas e as prazas moi activas durante esta xornada. Coñecemos a saúde actual de sectores como o da pesca e marisqueo así como agrogandeiro. Neste día, abordamos un novo caso de maltrato animal denunciado pola Asociación Difusión Felina. Coñecemos as iniciativas do colectivo Boa Vida de Pontevedra para atender as personas sen recursos nestas datas. Repasamos as novas do motor con Abel Millán. E disfrutamos da versión de nada da sección ‘Cántamo en Galego’. ¡Boas festas!
Onda Cero Pontevedra
21/12/2018 06:00
Estreamos o inverno con tres mariñeiros de Cambados falecidos e outro desaparecido nun naufraxio acontecido en Fisterra. Atentos as tareas de búsqueda. Tamén pendentes dos traballadores de Elnosa coa sua concentración frente as portas do concello, institución a que responsabilizan do peche da fábrica. A través da radio facemos o Camino Portugués a Santiago de Compostela e coñecemos a nova da posible ampliación do albergue de Pontevedra. E pechamos co repaso dunha amplia axenda de ocio e cultura.
Onda Cero Pontevedra
20/12/2018 06:00
Comezamos o programa repasando a actualidade marcada polo naufraxio do "Sin Querer II" con tres falecidos e un desaparecido naturais de Cambados. Buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e propoñemos un brinde cos espumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas. Abrimos o espazo semanal dedicado á saúde: Cristina Sáez, audióloga do Centro de Especialidades Audiolóxicas de Pontevedra é hoxe a convidada. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.
Onda Cero Pontevedra
19/12/2018 06:00
O inicio do programa trae a actualidade do día que hoxe analizamos co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Cada mércores somos altavoz das mulleres do fondo da Ría: Soraya López, directora da escola de música "Musimarín" é hoxe a nosa convidada. Ademais, rematamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso.
Onda Cero Pontevedra
18/12/2018 06:00
Abrimos o programa analizando a actualidade e buscando a previsión metereolóxica. Como cada martes, almorzamos na Cafetería Moi Bo cos protagonistas da actualidade: o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, é o convidado do último almorzo deste ano 2019. Completamos o programa ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios
Onda Cero Pontevedra
17/12/2018 06:00
Onda Cero Pontevedra
17/12/2018 06:00
Comezamos a semana analizando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica. Como cada luns, facemos memoria coñecendo os proxectos e actividades do programa municipal "A Memoria das Mulleres". Abrimos o espazo de motor con Abel Millán visitando os concesionarios Dalonga. Ademais, buscamos ritmo nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".
Onda Cero Pontevedra
14/12/2018 06:00
Abrimos o programa coa última hora do pleno da corporación municipal de Pontevedra e repasando a actualidade da semana que despedimos. Ademais, cada venres sumámonos á compostaxe a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Visítanos Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS, buscamos a predicción do tempo e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio: visítannos as amigas de Saraiva Senior para invitarnos ao seu mercadiño benéfico.
Onda Cero Pontevedra
13/12/2018 06:00
Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos o espazo semanal dedicado á saúde: Nanda Castro e os produtos naturais de Pontejabón son hoxe os protagonistas. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto