Temas

Gonzalo Sancho

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 21/07/2023

Recta final da campaña electoral e últimas horas para poder votar por correo. Pendentes da última hora política que, a nivel municipal, lévanos ata Silleda para escoitar a postura de Erea Rey, portavoz municipal do BNG. Como cada día saímos a rua para recoller a opinions sobre a capacidade económica das personas para ir de vacacións co incremento dos alimentos e hipotecas. Damos unha volta polas praias. A maiores, conversamos con Gonzalo Sancho, do colectivo Vai Polo Río, sobre o proxecto do destape do río Os Gafos, e con Gloria Cubas, da asociación Os Palleiros, para coñecer o grado de abandonos e adopción de animais ao longo deste verán en Pontevedra e comarca. E, nos últimos minutos, repasamos a axenda de ocio e cultura con Noa Pichel e Sofia Caamaño.

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 21/10/2021

Abrimos o programa coas novas deste xoves e buscando a previsión metereolóxica. Como cada xoves, comentamos a actualidade coa mirada persoal de Rodrigo Cota. Falamos co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, sobre a Semana Cultura dedicada a Valle-Inclán que comeza este sábado. Ademais, tomamos a última antes de marchar con Ana Santos e Charo Valcárcel para coñecer o proxecto "De vella bella".

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (28-12-2018)

Abrimos o programa coa historia de Alba García, a moza pontevedresa que foi excluída das probas da Garda Civil por ser celíaca. Ademais, repasamos a actualidade da semana que despedimos e sumámonos á compostaxe a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Visítanos Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS, buscamos a predicción do tempo e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para rematar o programa.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 28-09-2015

A semana comeza con xunta de goberno local en Pontevedra que nos deixa o anuncio da futura retransmisión dos plenos a través de Internet e a valoración do goberno da decisión da Deputación de retirar as axudas ás corridas de touros. No tempo da entrevista damos voz aos colectivos Vaipolorío e Difusión Felina. Repasamos a actualidade deportiva con Rubén Rey e conectamos en directo coa Moncloa para retransmitir a comparecencia de Rajoy valorando os resultados das eleccións en Cataluña