Ourense Cidade
O Concello presenta candidatura para ser sede da axencia de IA e aeroespacial
O alcalde confía en que o Goberno central lle asigne a Ourense unha das dúas, e subliña que no caso da IA “somos favoritos claramente”. As dúas candidaturas contan co apoio unánime do Pleno do Concello, que achegaría ademais un millón de euros para a posta en marcha da nova axencia.