emisora

Onda Cero Galicia

26/04/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (26-04-2019)

Comezamos o programa co balance turístico da Semana Santa e repasando outras cuestións da actualidade máis viaxeira. Convidamos á xornalista Julia Varela, unha galega viaxeira que acaba de publicar a súa primeira novela e que nunhas semanas vai a Israel a comentar o festival de Eurovisión. Percorremos múltiples rutas por Galicia con Pablo Conde desde Volta Montana e rematamos a viaxe coñecendo os detalles da nova edición do "Sacra Fest"

Onda Cero Pontevedra

17/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (17-04-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e a visita ao Concello de Meis para cumprir co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". Abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras xornadas festivas. Entre dúas augas estamos con Rena Ortega e, para completar o programa, presentamos o novo "espazo Quimera" que nace esta fin de semana na cidade

Onda Cero Pontevedra

16/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (16-04-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e visitando A Estrada para sumarnos ás "Santas Tapas" da Asociación de Comerciantes cumprindo co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". Abrimos tempo de Tertulia Litoral con Rafa Cabeleira, Rodrigo Cota e Gerardo Lorenzo. Ademais, como cada martes, ampliamos a nosa biblioteca con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

15/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (15-04-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade do día marcada por novas mobilizacións anunciadas polos traballadores de Ence e buscando a predicción do tempo para as vindeiras horas. Visitamos Moraña cumprindo co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". No tempo da entrevista conversamos con Quique Pérez desde o colectivo Pedaladas. Ademais, como cada luns, abrimos o espazo de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán, e completamos o programa co ritmo de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Galicia

05/04/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (05-04-2019)

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO centra a atención do programa deste venres. Ademais, facemos enoturismo polas adegas do grupo Terras Gauda con Antón Fonseca e organizamos #cuchipanda con Polo Correo do Vento. Rematamos a viaxe na V Feira do Caravaning de Galicia organizada en Fexdega

Onda Cero Pontevedra

28/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (28-03-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día en liña directa con Juan de Sola en Madrid na xunta de accionistas de Ence. Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos coa actriz María Barcala que esta noite dá vida a Helena de Troia no Teatro Principal de Pontevedra. Como cada xoves, falamos de saúde: Mª Jesús Álvarez, xefa do Servizo de Cirurxía Plástica do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez é hoxe a nosa convidada. Ademais, recibimos a Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

06/03/2019 06:00

Onda Cero Pontevedra

06/03/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (06-03-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día, a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e a conversa con Juán José Esperón, veciño pontevedrés que atopou 7.000 euros e devolveunos ao seu dono. Ademais, vivimos esta xornada festiva en Pontevedra coa gastronomía do entroido da Devesa e, no tempo da entrevista, convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Celebramos o Día Europeo da Logopedia con dous profesionais da sanidade pública na provincia. Rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega

Onda Cero Galicia

01/03/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (01-03-2019)

Viaxamos en familia con Begoña Estévez desde "Vigopeques", ela é a galega viaxeira que nos visita esta semana. Ademais, organizamos a última cuchipanda de inverno con Carlos Taboada e Quique Mauricio, os amigos de Polo Correo do Vento. Visitamos Navia de Suarna para sumarnos á súa Feira da Androlla e rematamos a viaxe na cidade de Lugo para celebrar os dous soles Repsol que acaba de conseguir o Restaurante España de Héctor López