emisora

Mercedes Corbillón en "Pontevedra en la Onda"

26/02/2019 06:00

Leemos a Ray Loriga, Jeanette Winterson y Daria Bignardi

Escucha aquí las recomendaciones de esta semana con Mercedes Corbillón, nuestra librera de cabecera desde Cronopios. Cada martes ampliamos nuestras bibliotecas particulares con nuevas lecturas

Onda Cero Pontevedra

22/02/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (22-02-2019)

Comezamos o programa coa actualidade deste venres e co habitual repaso pola actualidade da semana que hoxe despedimos. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e adiantámonos ao entroido co noso reto de febreiro. Campolameiro é hoxe o destino con "Casa Tito" como anfitriona. Ademais, completamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio.

Onda Cero Galicia

08/02/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (08-02-2019)

Esta semana facemos o Camiño de Santiago para non perdernos unha nova edición de "Fairway": convidamos a María Rivera, xerente do albergue San Lázaro de Sarria e unha das participantes na xornada de portas abertas, con ela tomamos nota de bos consellos para facer o Camiño con can. Visitamos Xantar en Ourense e comemos nun dos restaurante participantes: "O Refuxio de Merza". Percorremos as rúas de Pontevedra celebrando o San Valentín da man de Turiña, o proxecto de Rocío Romero e Cora Velasco.

Onda Cero Galicia

04/02/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (01-02-2019)

A viaxe desta tarde ten como punto de partida Monforte de Lemos para visitar o colexio dos Escolapios, e como destino final San Vicente do Grove para descansar no mellor hotel pet friendly de España: Cons da Garda. Polo camiño estaremos de cuchipanda cos amigos de Polo Correo do Vento, e viaxaremos polo mundo da man de Rodrigo Romaní, fundador da orquestra folk SonDeSeu

DÁLLE Á LINGUA 2018-2019

14/01/2019 06:00

Dálle á Lingua CEIP Froebel (xaneiro 2019)

Dálle á lingua é un programa de Onda Cero Pontevedra que se emite en torno a 11:50 horas de luns a venres co patrocinio de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa.Os rapaces e rapazas do centro de ensino len refráns, poemas, contos.

Onda Cero Galicia

11/01/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (11-01-2019)

Primeira viaxe do ano que nos leva ata Nova York e México, dous dos destinos nos que pasaron a súa lúa de mel Diana Fernández e David Díaz, creadores de "Bolboretas no bandullo". Ademais, comezamos repasamos a actualidade e propoñendo unha viaxe express "Voando nas Rías Baixas" (https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas). Poñémonos ao día coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, sobre as novidades gastronómicas e culturais de Compostela e rematamos durmindo no Concello da Veiga: "O Eido das estrelas" é a casa rural na que descansamos este venres.

Onda Cero Pontevedra

28/12/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

28/12/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (28-12-2018)

Abrimos o programa coa historia de Alba García, a moza pontevedresa que foi excluída das probas da Garda Civil por ser celíaca. Ademais, repasamos a actualidade da semana que despedimos e sumámonos á compostaxe a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Visítanos Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS, buscamos a predicción do tempo e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para rematar o programa.

Onda Cero Pontevedra

27/12/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (27-12-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista conversamos coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que levará ata Bruxelas a situación do encoro da Baxe en Caldas. Abrimos o espazo semanal dedicado á saúde: Raquel Carragal desde Alaia Salud y Pilates de Marín é hoxe a nosa especialista convidada. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto

Onda Cero Pontevedra

26/12/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (26-12-2018)

O inicio do programa trae a actualidade do día e conversas de Nadal. No tempo da entrevista convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega e cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar desta recta final do ano