emisora

Onda Cero Pontevedra

11/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (11-06-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade e conversando co portavoz do PSdG en Pontevedra, Tino Fernández. nesta xornada de martes na que tivo lugar a primeira reunión formal co BNG para chegar a un pacto de goberno. Buscamos a previsión metereolóxica e falamos con Alberto Garnil desde a organización de "Fluor", o primeiro Congreso Atlántico de Marketing Dixital que este xoves comeza en Pontevedra. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios e completamos o programa coa historia do centenario carballo de Santa Margarida que os comuneiros de Mourente queren salvar.

Onda Cero Pontevedra

10/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (10-06-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta semana previa aos plenos de investidura do sábado 15 de xuño. Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos coa Plataforma polo Saneamento da Ría de Pontevedra. Como cada luns, chega a información do motor con Abel Millán e do deporte con Rubén Rey. Completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

10/06/2019 06:00

Cántamo en galego (10-06-2019)

Escoita aqui a sección musical desta semana con Leilia,Nao,Rodrigo Ramos con Guadi Galego e Magin Blanco.

Entre micros y libros

07/06/2019 06:00

Jabois: "Hay mucho gallo de corral que fuera de su contexto es un mierda"

"Malaherba" es la nueva novela de Manuel Jabois, una novela única que solo él podría escribir con su estilo inconfundible. Es capaz de hacernos reír, a pesar de lo que nos cuenta, y capaz de hacernos llorar, sobre todo por lo que no nos cuenta pero que intuimos. Y al lector le pasa como a Tambu y Elvis - los niños protagonistas de la novela - en los últimos días de la niñez: le pueden prohibir saber pero no le pueden prohibir intuir y ahí es donde se hace grande la novela. En este podcast puedes volver a escuchar la entrevista con Susana Pedreira desde la Librería Cronopios de Pontevedra

Entre micros e libros

27/05/2019 06:00

Entre micros e libros

27/05/2019 06:00

Ledicia Costas: "Quería escribir unha historia sobre a infancia desde o punto de vista adulto porque é a nosa patria"

Convidamos a Cronopios a unha das mellores e máis queridas escritoras galegas actuais, a viguesa Ledicia Costas coa súa nova novela "Infamia". Un libro duro porque recolle moitas das violencias reais que se dan na sociedade e que son imposibles de dixerir: hai vintecinco anos nun lugar chamado Merlo desapareceron as irmás Giraud con só 14 e 6 anos, iso cambiou a vida de moita xente para sempre e a néboa instalouse no ambiente. Alí chega Emma Cruz, unha avogada e profesora de dereito penal que tamén arrastra un trauma desde hai exactamente o mesmo tempo. Confesounos Ledicia que este libro remata onde comeza a historia que ela realmente quería escribir, polo que estamos ante unha precuela que traerá nova novela nos vindeiros meses. Escoita neste podcast a entrevista con Susana Pedreia libre de spoilers.

ONDA CERO GALICIA

24/05/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (24-05-2019)

Comezamos o programa repasamos a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Festival de Cans. No tempo da entrevista convidamos ao ornitólogo Antonio Sandoval e concedemos protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo. Rematamos o programa de ruta con Pablo Conde desde Volta Montana: as Sisargas son hoxe as protagonistas.

DÁLLE Á LINGUA 2018-2019

20/05/2019 06:00

Dálle á Lingua IES Valle Inclán (maio 2019)

álle á lingua é un programa de Onda Cero Pontevedra que se emite en torno a 11:50 horas de luns a venres co patrocinio de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa.Os mozos e mozas falan sobre algunhas mulleres importantes no mundo.