Cronopios Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

22/09/2020 14:31

Más de Uno Pontevedra (22-09-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando coa xerente do GALP da Ría de Pontevedra, Laura Nieto, sobre a I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo que o xoves comeza en Pontevedra. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa directora e guionista Mabel Lozano, e celebramos o Día Europeo sen Coches co colectivo Pedaladas. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións Cronopios en compañía da nosa libreira de cabeceira, Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

28/07/2020 14:37

Más de Uno Pontevedra (28-07-2020)

Comezamos o programa coa actualidade da xornada, conversando coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a información do tempo e convidamos ao portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, a un almorzo informativo no Hotel Rías Bajas. Percorremos a provincia buscando novas rutas para este verán con Andrea Carrera. Ademais, completamos o programa coas mellores recomendacións lectoras da man de Adriana Otero desde a Librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

21/07/2020 15:42

Más de Uno Pontevedra (21-07-2020)

Comezamos o programa coa actualidade da xornada, conversando co alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos, e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a información do tempo e falamos de ocio nocturno e do novo modelo de actividade impulsado en Pontevedra por Marcos Rivas desde a Sala Karma. Celebramos o Día Mundial do Can coa presidenta da Protectora Os Palleiros, Gloria Cuba. Percorremos a provincia buscando novas rutas para este verán con Andrea Carrera. Ademais, completamos o programa coas mellores recomendacións lectoras da man de Adriana Otero desde a Librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

26/05/2020 14:45

Más de Uno Pontevedra (26-05-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día neste 26 de maio no que se cumpre un ano da cita electoral municipal, un asunto que lembramos co portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a previsión metereolóxica, sumámonos ao Plan Revitaliza da Deputación e abrimos tempo de entrevista co conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde. Ademais, completamos o programa en compañía de Mercedes Corbillón para abrir a nosa querida Librería Cronopios a través da radio e ampliar as nosas bibliotecas de primavera.

Onda Cero Pontevedra

05/05/2020 14:34

Más de Uno Pontevedra (05-05-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e coa última hora sobre a agresión a dous policías locais de Poio no poboado do Vao. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. Ademais, completamos o programa en compañía de Mercedes Corbillón para abrir a nosa querida Librería Cronopios a través da radio.

Onda Cero Pontevedra

28/04/2020 14:54

Más de Uno Pontevedra (28-04-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando coa patroa maior de Lourizán, María del Carmen Vázquez, para coñecer a situación que vive o sector do marisqueo. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores. Ademais, completamos o programa en compañía de Mercedes Corbillón para abrir a nosa querida Librería Cronopios a través da radio.

Onda Cero Pontevedra

21/04/2020 14:48

Más de Uno Pontevedra (21-04-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando coa presidenta da protectora Os Palleiros, Gloria Cuba. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista con Diego Alcaine, responsable dunha Guía de Vilagarcía agora reconvertida nunha rede de axuda para o día a día desta crise sanitaria. Ademais, completamos o programa en compañía de Mercedes Corbillón para abrir a nosa querida Librería Cronopio a través da radio.

Entre micros y libros

07/04/2020 15:10

Entre micros y libros

07/04/2020 15:10

Libros que retratan el arte de estar solo

Cada martes reabrimos Cronopios a través de la radio para seguir reivindicando el poder de la lectura con Mercedes Corbillón. Hoy recomendamos "La ciudad solitaria" de Olivia Laing editada por Capitán Swing y terminamos con la lectura de un texto escrito por Mercedes desde el confinamiento. En este podcast puedes volver a escuchar la sección con Susana Pedreira.

Onda Cero Pontevedra

07/04/2020 14:51

Más de Uno Pontevedra (07-04-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co presidente do CETS, Alfonso Martínez, para coñecer a situación do sector turístico de Sanxenxo nesta Semana Santa perdida pola crise do coronavirus. Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista co oresidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Ademais, completamos o programa abrindo a través da radio a nosa querida Librería Cronopios da man de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

31/03/2020 14:37

Más de Uno Pontevedra (31-03-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día marcada pola crise do coronavirus e conversando co psicólogo da Fundación Meniños, Roberto Antón. Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. Ademais, completamos o programa abrindo a través da radio a nosa querida Librería Cronopios da man de Mercedes Corbillón.