Conversamos coa senadora do BNG, Carme da Silva, desde o Café Bar Carabela. Facemos balance do seu traballo no último ano e coñecemos os retos e prioridades de futuro.
Convidamos á concelleira e senadora, Carme da Silva, para facer balance da súa traxectoria na política municipal e marcar os retos de futuro agora que anuncia a súa despedida do Concello para centrarse no Senado.
Conversamos coa concelleira de Festas, Carme da Silva, nesta xornada festiva en Pontevedra para coñecer as actividades que achegan, desde a páxina web e as redes sociais do Concello, os mellores fitos da historia do Entroido de Pontevedra aos domicilios de todas as persoas que non queiran renunciar a esta cita
Comezamos o programa coa crise de Ciudadanos en Pontevedra e os cambios metereolóxicos que favorecen a uns e preocupan a outros. A Rúa Responde sobre o uso que facemos dos diferentes transportes colectivos e particulares. Hoxe paseamos coa concelleira de Festas na cidade do Lérez, Carme da Silva e con ela repasamos tamén a actualidade en materia de servizos, protección cidadá e urbanismos, áreas que tamén están baixo a súa xestió neste novo mandato. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica e, como cada xoves deste verán, escoitamos unha nova MIRADA BECARIA: Martín Muñiz fálanos esta semana do programa Vacaciones en Paz que coordina a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.