Concello de Cotobade

A Feira de Cuspedriños chega a sua décima edición cun pase de moda tradicional

Este primeiro fin de semana chega décima edición da Feira de Cuspedriños que recrea os antigos mercados celebrados na parroquía de San Xurxo de Sacos nas décadas dos cincuenta e sesenta. A feira celebrarase o domingo 5 de xuño con un programa cargado de actividade durante toda a xornada.

ondacero.es

Pontevedra | 30.05.2016 14:56

 Jorge Cubela, alcalde de Cotobade (Pontevedra)
Jorge Cubela, alcalde de Cotobade (Pontevedra) | Internet

A feira de Cuspedriños contará con postos de artesanía, roupa, comida e oficios tradicionais. No programa, tamén se incluen actividades de música, folclore e gaitas de grupos como Os Trazantes de Tenorio, Os Afoutes o Os de Ningures.

Entre as novedades, coa colaboración da Asociación do Traxe Galego, se inclue un pase de moda tradicional. Neste sentido, a organización solicita aos participantes que acudan ataviados con vestuario dos anos 50 e 60 para dar máis colorido e ambiente á feira.

Por outro lado, os asistentes poderán disfrutar de xogos populares e outras actividades lúdicas.