Gala especial en apoio ás mulleres que sofren maltrato
O día 4 de xaneiro o Auditorio de Verín acollerá unha gala especial de apoio ás mulleres que sofren maltrato.
O día 4 de xaneiro o Auditorio de Verín acollerá unha gala especial de apoio ás mulleres que sofren maltrato. "A solidaridade dispárase no Nadal", afirma Emilia Somoza, concelleira de Cultura, "pero por desgracia, nestes tempos, temos un novo elemento que demanda a atención de todas e todos nós, que son as mulleres que requiren unha atención especial a causa da violencia de xénero".
As entradas custarán 5 euros, e a recadación irá destinada íntegramente ás mulleres con necesidades especiais por calquera circunstancia derivada da violencia na comarca de Monterrei. "Sair de casa correndo ten moitas cargas, moitas máis das que pensamos", explica Emilia Somoza, "porque saen co mínimo, e hai que cubrir as necesidades de roupa, alimento e atención á infancia se teñen nenos/as, coma no caso de calquer/a outro/a desplazado/a por motivos de urxencia" .
A concelleira fai un chamamento á asistencia a gala como "unha nova mostra soliedariedade e repulsa contra a violencia de xénero". As actuacións serán desenvoltas por artistas, cantantes e monologuistas locais, e as entradas estarán a venda no Museo do Claustro Mercedario.