Violencia machista

Prisión sen fianza para o presunto agresor machista de O Barco

350 mulleres están actualmente baixo protección en Ourense

Paco Sarria

Ourense |

Un guardia civil fuera de servicio detiene en Cieza a su vecino por violencia de género
Un guardia civil fuera de servicio detiene en Cieza a su vecino por violencia de género | Onda Cero

O Xulgado de Instrucción número 2 de O Barco de Valdeorras acordou o ingreso na cadea, comunicada e sen fianza, do detido investigado por un delicto homicicio asesinato en grao de tentativa, a determinar ó longo da instrucción.

A xuiza acordou esta medida polo risco de fuga derivado da pena á que podería ser condenado o presunto autor da agresión machista da que foi víctima a súa parella o pasado luns na capital valdeorresa, e pola falla de arraigo.

A muller, que fuxindo do presunto agresor saltou á rúa dende un cuarto piso, permañece en estado moi grave no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo á que foi trasladada.

En relación con este asunto, na actualidade son 350 as mulleres baixo protección na provincia por violencia de xénero.

Así o manifestou o subdelegado do goberno, Eladio Santos durante a celebración en Xunzo de Limia dos 181 anos da criación da garda civil, onde ademáis de agradecer o labor da benemérita, sinalou que loitar contra a violencia machista é un dos principais retos actuáis.