Ourense Cidade

Polémica chegada de Pepe Araujo a Ciudadanos

A chegada do ex edil popular, Pepe Araujo a Ciudadanos provocou a marcha do coordenador e voceiro da agrupación de Ciudadanos en Ourense, Alberto Rodríguez, que esta mañá facía oficial a sua renuncia ao considerar que a elección "non representa a rexeneración política que defende este partido"

ondacero.es

Ourense | 13.02.2019 14:15

Dimisión de Alberto Rodriguez
Dimisión de Alberto Rodriguez | La Voz de Galicia

O xa ex coordenador de ciudadanos tamén criticou ao secretario galego, Laureano Bermejo por non informalo previamente e por supostamente "quedarse cartos dos militantes". O secretario de ciudadanos Galicia, o ourensán, Laureano Bermejo asegura que "respeta" esta renuncia e "agradece" o traballo que fixo Alberto Rodriguez coma coordenador e avanza que pensa "defender a sua honorabilidade". Bermejo insistiu en que hai satisfacción no partido pola chegada de Araujo e consenso sobre a importante experiencia política que pode aportar. Tamén se cuestiona se a marcha de Alberto Rodriguez pode ter que ver con ver truncadas as suas expectativas. O secretario de ciudadanos Galicia non cree que esta polémica xurdida ca marcha do coordenador de Ourense perxudique á imaxe do partido e agarda que nos vindeiros días se poida designar un novo coordenador.