Municipal

O PP pedirá ó concello de Ourense medidas de reforzo da seguridade

Piden máis recursos humanos e ténicos para a Policía Local

Paco Sarria

Ourense |

Noelia Pérez, concelleira do Partido Popular de Ourense
Noelia Pérez, concelleira do Grupo Municipal do PP de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do PP instará ó goberno de Democracia Ourensana no concello da capital a implementar medidas concretas que reforcen a seguridade na cidade.

De feito pedirán un reforzo da presencia policial nos barrios máis afectados pola delincuencia e mellorar a coordenación con outras administracións destiñando máis recursos humáns e materiais á policía local.

Para a edil Noelia Pérez tamén é imprescindible que o Xefe de Recursos Humáns presente un informe detallado sobre as necesidades de plantilla así como a convocatoria de unha promoción interna.

Asemade solicitarán esblecer canles eficaces de comunicación cos cidadáns para atender ás súas demandas e fortalecer a súa confianza nos corpos de seguridade.