Xaneiro volveu ser un mal mes para a creación de emprego en Ourense. No primeiro mes do ano 2019 a provincia sumou 262 parados e paradas máis producíndose un incremento do 1,37% en relación co último mes de 2018 anque a taxa interanual segue sendo positiva porque habería 1.024 desempregados menos que no mesmo mes do ano anterior.
A cifra actual de inscritos situaríase en 19.361 persoas.
En canto aos datos da seguridade social, o mes de Xaneiro comenzou con 1147 afiliados menos sendo a cifra actual de cotizantes de 100.846 persoas
Un dos primeiros en valorar os datos foi o secretario da CIG, Anxo Pérez Carballo que alertou sobre “unha provincia en perigo de desaparición” pola “gran perda de mocidade”. Carballo urxe ás forzas políticas que se “senten en serio a traballar e planificar o futuro de Ourense” e que non se contenten con datos “engañosos”.