O deputados populares no Congreso presentaron unha batería de preguntas como consecuencia do que califican como “nefasto estado de conservación” da estrada nacional 120, agravado polos últimos temporais.
Sinalan a presenza de fochancas que provocan frecuentes avarías e rebentóns de rodas, polo que esixen ó Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que asuma a responsabilidade de esos danos económicos sofridos polos usuarios e un plan de choque urxente polo estado de risco de esta vía de comunicación.

