Luz Verde

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil elimina especies invasoras no Miño

Investidos 72 mil euros en saneamento de ribeira

Paco Sarria

ourense | 06.05.2024 16:40

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil elimina especies invasoras no Miño
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil elimina especies invasoras no Miño | onda cero ourense

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil investíu máis de 72.000 euros na eliminación de especies invasoras no río Miño ó seu paso pola cidade de Ourense. De tal xeito foron retiradas as especies Arundo donax, Acacia dealbata, Ailanthis altíssima e Phyllostachys sp que son a caña, a acacia, o ailanto e o bambú que estaban presentes nun treito de 7 kilómetros.

Procedeuse a corta, apilado e retirada de rodais de cañas, traballos completados tra-lo rebrote das mesmas coa aplicación de herbicida sistémico de post-emerxencia, realizándose accións semellantes co resto de especies a erradicar.

Parellamente procedeuse a plantación manual de frondosas autóctonas que permiten recuperar progresivamente a vexetación de ribeira. Os traballos foron realizados por unha brigada composta por 5 operarios especializados por espacio de 3 meses.