As xuventudes socialistas presentan unha iniciativa para que se recoñeza a Praza de San Marcial como símbolo LGTBI
Natalia González dice que se trata dunha iniciativa máis das que veñen defendendo dende o goberno progresista e que se seguirán impulsando na cidade durante os próximos meses polos socialistas
PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes socialistas presentaron esta mañá unha iniciativa ante o consello municipal de igualdade para que o Concello de Ourense recoñeza cunha placa conmemorativa a praza de San Marcial como punto de encontro e símbolo de referencia do movemento LGTBI da cidade en prol da defensa dos valores de igualdade e como unha iniciativa máis das que veñen defendendo dende o goberno progresista e que se seguirán impulsando na cidade durante os próximos meses, así o recoñeceu a vicevoceira socialista, Natalia González.
A concelleira destacou, tamén, a “desaparición das políticas igualitarias” da cidade dende que goberna o Partido Popular, hai cinco anos, e que están moito máis agochadas dende que cogoberna con Jácome e o seus socios de Democracia Orensana. “Hai unha necesidade de poner na axenda política ourensá a igualdade e a conciliación” dado que quen goberna se empeña en ocultala, matiza Beneitez.
Durante o goberno municipal socialista había unha serie de medidas económicas e infraestruturas que poñían a Ourense como un referente en materia de igualdade a nivel galego. Os socialistas opóñense a que PP e DO “destrúan e desleixen” infraestruturas tan necesarias nese senso como a casa de acollida a mulleres maltratadas e a rede de centros cívicos. “Os socialistas non imos deixar que se deixen de lado este tipo de políticas tan necesarias e que están no noso ADN como socialistas, finaliza a vicevoceira.
Por outra banda, o secretario xeral das xuventudes socialistas ourensás, Xurxo Doval, explica que coa iniciativa queren converter “unha praza tan simbólica e desleixada do casco vello” como é a Praza de San Marcial nun centro de “reivindicación e visibilización” do colectivo LGTBI. Doval salienta que as Xuventudes Socialistas son a “única asociación política” da cidade que presenta unha “férrea loita en defensa do colectivo” como ven facendo dende o comezo de este cogoberno cando se denunciaron unhas declaracións homófobas de asesores do alcalde.
Dende xuventudes reivindican que o goberno “protexa e visibilice ao colectivo” e deixe de ser un goberno “pantalla de branco e negro” e insisten en que se “non teñen ideas” que dialoguen coa oposición para poder abranguer a tódolos colectivos
Na solicitude recóllese unha transformación da praza recuperando a súa fonte e iluminándoa, e a colocación dunha placa en conmemoración dos agredidos e loitadores polo colectivo LGTBI para que siga sendo un “punto de encontro, diálogo e confraternización da cidade”.