O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deulles a coñecer hoxe os “atributos únicos” da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial a embaixadores dos 21 países que avaliarán a proposta na Comisión da Unesco que se celebrará en xullo en Corea do Sur. Fíxoo nun acto promocional na Casa de Galicia en Madrid, no que participou o ministro de Cultura, Ernest Urtasun.
Neste encontro, ao que tamén asistiu o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, e representantes dos 26 concellos de Lugo e Ourense que abrangue este territorio, o titular de Cultura da Xunta incidiulles en que a candidatura Ribeira Sacra. Paisaxe da auga é un proposta “sólida e con argumentos firmes”, resultado do “traballo exhaustivo, rigoroso e coordinado” entre técnicos do Goberno galego e do Ministerio de Cultura. “Trátase dunha candidatura de país ante un reto compartido e ilusionante”, salientou.
Neste punto, López Campos quixo agradecer a “coordinación e acompañamento constante” do Goberno central coa candidatura, facendo especial fincapé na “total implicación” do propio embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, como tamén do ministro de Cultura, a quen tamén lle agradeceu a súa participación neste encontro con diplomáticos “dentro das últimas accións ante a avaliación definitiva de xullo”.

Precisamente, o conselleiro enmarcou a promoción dentro das “citas claves” que están a desenvolver para darlle “máis pulo aínda” á candidatura na recta final de cara ao Comité de Patrimonio Mundial da Unesco, que se celebrará na cidade coreana de Busán, e na que participarán con dereito a voto embaixadores presentes neste encontro.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deulles a coñecer hoxe os “atributos únicos” da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial a embaixadores dos 21 países que avaliarán a proposta na Comisión da Unesco que se celebrará en xullo en Corea do Sur. Fíxoo nun acto promocional na Casa de Galicia en Madrid, no que participou o ministro de Cultura, Ernest Urtasun.
Trátase dunha candidatura de país
Neste punto, López Campos quixo agradecer a “coordinación e acompañamento constante” do Goberno central coa candidatura, facendo especial fincapé na “total implicación” do propio embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, como tamén do ministro de Cultura, a quen tamén lle agradeceu a súa participación neste encontro con diplomáticos “dentro das últimas accións ante a avaliación definitiva de xullo”.
Precisamente, o conselleiro enmarcou a promoción de hoxe dentro das “citas claves” que están a desenvolver para darlle “máis pulo aínda” á candidatura na recta final de cara ao Comité de Patrimonio Mundial da Unesco, que se celebrará na cidade coreana de Busán, e na que participarán con dereito a voto embaixadores presentes neste encontro.

