O PP ofrece ao PSOE e Ciudadanos un pacto para un goberno de coalición en Ourense
O presidente local do PP, Jesús Vázquez, deixou claro que a solución a situación actual pasa inevitablemente por un goberno de coalición PSOE-PP
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense mantivo unha reunión esta mañá para analizar a situación na que se atopa a gobernabilidade da cidade, e adoptar así un posicionamento logo do ofrecemento que no día de onte fixo o Partido Socialista para presentar una moción de censura no Concello de Ourense. Tras ese encontro, o presidente local dos populares, Jesús Vázquez compareceu públicamente acompañado por todos os edís que conforman o grupo municipal.
En primeiro lugar, Jesús Vázquez explicou que desde o día de onte, o portavoz socialista no Concello, Rafael Rguez. Villarino, quedou desautorizado polo seu propio partido:
“Dende o Grupo Popular cremos que onte quedou claro que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, NON autorizou o PSOE de Ourense a negociar un goberno de coalición PSOE-PP. Levábamos semanas pedindo un posicionamento claro do PSdG-PSOE. E por fin chegou onte: Gonzalo Caballero non autoriza ó señor Rodríguez Villarino a negociar un goberno de coalición entre os dous principais partidos da cidade para sairmos da situación de bloqueo político que vive Ourense”.
En definitiva, Caballero desautorizou a Villarino para seguir avanzando nesa dirección. E nese novo contexto, ao PSOE da cidade só lle queda como alternativa mendigar firmas entre os partidos políticos con representación na corporación municipal, para poder presentar una moción de censura.
Onte Quedou demostrado que o único interese do PSdeG-PSOE é conseguir a alcaldía de Ourense como se dun trofeo se tratase, e que pouco ou nada lle preocupa a gobernabilidade da cidade.
“Villarino quere ser alcalde a calquera prezo. Quere ser alcalde, sen goberno. Quere ser alcalde sen maioría. Quere ser alcalde, aínda que ó día seguinte non teña votos suficientes para sacar adiante absolutamente nada”, sinalou Jesús Vázquez.
O PP local sigue defendendo que Ourense precisa xa dun novo alcalde, dun goberno e dunha maioría que o sustente.
“Ourense non só precisa un novo alcalde. Ourense necesita un novo alcalde, un goberno e una mayoría que o sustente. E iso só é posible cun goberno de coalición PSOE-PP. Sen embargo o que atopamos no PSOE de Ourense é a ambición desmedida dunha persoa que antepón os seus propios intereses personais por riba dos intereses xerais, por riba dos intereses da cidade. Villarino é víctima da súa ambición desmedida”, argumenta Jesús Vázquez.
O señor Villarino leva dous meses demostrando escaso talante democrático, e nula capacidade de diálogo, e de negociación. As formas que emprega, non son as correctas. “Se pretende que o apoiemos cuspíndonos na cara, dende logo, non vai polo camino correcto”, recalca Vázquez Abad.
A solución a situación actual pasa inevitablemente por un goberno de coalición PSOE-PP. Obstentando a alcaldía o PSOE, por ser a forza máis votada, cun goberno de coalición que garantice a estabilidade municipal ata maio de 2023. Calquera outra solución é un parche.
“A clave é que o PSOE non quere un goberno de coalición co PP. Quere só os votos do PP para chegar á Alcaldía. E dende logo, ante esa actitude, nós queremos dicirlle, alto e claro, que non conten con nós para esa viaxe en solitario”, explica Vázquez Abad.
O Partido Socialista pretende aplicarlle un cordón sanitario ó PP de Ourense, cos votos do PP de Ourense. O señor Villarino pídelle ó PP de Ourense un cheque en branco para gobernar a cidade en minoría. Ou o que é peor, co BNG. E dende logo, cremos que iso non é o que quere a maioría dos veciños de Ourense.
Os vecinos de Ourense pídennos aos partidos altura de miras, que superemos as nosas diferencias para gobernar xuntos no interese xeral desta cidade. Nós estamos dispostos.
O debate non é si se fai una moción de censura. O debate é se somos quen de constituir un goberno de coalición, que sume 14 votos durante os próximos dous anos e medio. Se o PSOE só quere falar de moción de censura que non conte con nós. Se queren falar dun goberno de coalición, estamos abertos e estamos a plena disposición.
Respecto a todo isto, o PP descarta por completo que Rafael Rodríguez Villarino continúe a ser interlocutor para acadar un goberno de coalición.
“Sinceramente, non vemos en Villarino capacidade para liderar un goberno de coalición. Nin co PP, nin con ninguén. Temos a sensación de que o señor Villarino carece do máis mínimo liderazgo e da máis mínima empatía para encabezar un goberno municipal. Non ten a actitude, non ten o talante, e carece do carisma suficiente para liderar un goberno de coalición, un goberno de entendemento. Fáltalle talante e sóbralle prepotencia e sectarismo. E dicímolo non só porque o pensemos os integrantes do Grupo Popular, senón porque tamén é o que pensa boa parte dos integrantes do grupo municipal do Partido Socialista. A maioría do seu grupo, probablemente”, sinala Jesús Vázquez.
Villarino non só non está capacitado para presidir un gobierno de coalición, senón que probablemente, a día de hoxe, tampouco esté capacitado para liderar o seu propio grupo municipal, no que hai máis disensos que consensos.
“Sinceramente, vémonos formando un goberno de coalición co PSOE de Ourense, pero non nos vemos facendo alcalde ao señor Villarino, porque estamos seguros que non sería un bo alcalde, non sería o alcalde de todos, o que precisa esta cidade. Por todo isto, o PP local mantén o seu ofrecemento a negociar un goberno de coalición co PSOE. “Ofrecémonos a negociar un goberno de coalición co Partido Socialista, e tamén con Ciudadanos, pero pedímoslle ó PSOE que elixa a calquera outro membro do grupo socialista para encabezar ese goberno”, recalca o presidente local dos populares.
“Apoiaremos como alcalde a calquera outro integrante do grupo socialista. Un socialista que dispoña do talante necesario e da capacidade de diálogo e negociación suficiente para chegar a un bo acordo para esta cidade”, di Jesús Vázquez.
Dende o Grupo Popular ofrecémonos a iniciar as negociacións dese goberno de coalición esta mesma tarde para que poida fructificar a solución que agardan de nós os vecinos e veciñas de Ourense.
Pero sinceramente cremos, nestes momentos, que a ambición persoal do señor Villarino se ten convertido nun obstáculo insalvable para desbloquear a situación política de Ourense.
Queda sobre a mesa o noso ofrecemento, e estamos a disposición do partido socialista una vez designen un novo interlocutor para iniciar as negociacións dese goberno de Coalición, do que tamén podería for