O servizo da Garda Civil de Verín (en Ourense) tomou declaración en calidade de investigado a un home de 30 anos, natural de Marrocos coma presunto autor dun delito contra a propiedade industrial.
O investigado foi interceptado cando circulaba nunha furgoneta pola autovía A-75 transportando 100 equipacións da selección española de futbol e outras tantas da selección brasileña, presuntamente falsificadas xa que non puido aportar nen albarán de transporte nen factura. Os axentes incautáronlle 8535 euros en efectivo.

