Certamen

Galicia calidade difunde a calidade dos viños galegos

Os produtos de once adegas certificadas polo selo de garantía están presentes nun curso para sumilleres e profesionais da restauración que se celebra hoxe e mañá, impartido por Jorge Vila, da Galicia Wine Academy.

Óscar Gómez

Ourense | 18.10.2022 08:54

Galicia calidade difunde a calidade dos viños galegos
Galicia calidade difunde a calidade dos viños galegos | onda cero

Galicia Calidade celebrou en Madrid un curso de especialización dirixido a sumilleres, profesionais da restauración e da difusión do viño para apoiar e difundir a excelencia e as potencialidades dos viños galegos e, en especial, dos que contan con este certificado de garantía.

O Curso de especialización en viños de Galicia, que ten lugar en "El Camarote del Capitán Breixo" do Hotel Innside by Meliá Madrid (calle Gran vía - 8ª Planta) está impartido por Jorge Vila, da Galicia Wine Academy e divídese en dúas sesións diferentes para catar os caldos de 11 adegas, procedentes das cinco Denominacións de Orixe de Galicia.

Degústanse Veigalobos, de Adegas Gran Bazán; Manuel D ́Amaro Brancellao 2017, de Señorío de Rubiós; Toubes, de Viña Costeira; Alberte Tinto, de Bodegas Nairoa; Finca Míllara Godello Barrica, de Adega Finca Míllara; Regina Expresión, de Adegas Regina Viarum; 200 Cestos y Ladeira Vella, de Adega A Coroa; Quinta do Buble Godello, de Quinta do Buble; Gargalo Mencía Araúxa, de Gargalo; Eidos Contraparede, de Adega Eidos; e Vía Romana Grandes Añadas de Vía Romana Adegas e Viñedos.

O curso que se celebra hoxe e mañá está dividido en dúas sesións de dúas horas de duración cada unha. No descanso entre cada sesión, hai unha degustación de produtos Galicia Calidade de sete empresas amparadas co selo de garantía. Así, os participantes poderán probar empanada de zamburiñas, de Jealsa-Rianxeira; mexillóns con crema de verduras escabechadas, de Luis Escurís Batalla; Baos de polo ao ast, con maionesa kimchi, de Avícola de Galicia; xamón, de Coren; croquetas de lacón con grelos, de Jamones González; espetada de salpicón de polbo e cherries, de Rosa de los Vientos; e hoxaldre, mazá tatin e roast beef de solombo de porco, de Sadepor.

Ademáis de sumilleres, o curso conta coa participación de profesionais da restauración, de tendas especializadas na venda de viño, xornalistas do sector e diferentes blogueiros que amosaron o seu interese en coñecer os viños amparados co selo Galicia Calidade.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con 148 empresas adheridas, con máis de 760 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.