Ourense Cidade

O P.P. esixe a dimisión do alcalde pola súa responsabilidade na designación do rei Baltasar

Negar as explicacións que esixen os representantes lexítimos da ciudadanía supón o remate dunha situación vergoñenta que nunca debeu suceder, e que vén a ratificar que o actual alcalde continúa a provocarlle á cidade un dano irreparable.

Óscar Gómez

Ourense | 11.01.2023 11:35

Pérez Jácome
Pérez Jácome | onda cero

O Grupo Municipal do PP de Ourense esixe a dimisión do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, pola súa responsabilidade na designación dun condeado reincidente por abusos sexuais como rei Baltasar na pasada Cabalgata, e pola súa contumaz falta de explicacións ao respecto. Así o contempla o acordo da moción de urxencia que veñen de rexitrar para o seu debate e aprobación no pleno do Concello deste venres.

Argumentan os populares na exposición de motivos que segundo a lexislación vixente en España, a Ley 26/2015 e a Ley 46/2015 son claras ao esixir un certificado de penais para todas aquelas persoas que participen en actividades con cativos. E se existe unha actividade multitudinaria que concentra a milleiros de nenos e nenas na nosa cidade, esa é a Cabalgata de Reis.

Ante esta circunstancia, é extremadamente grave que un dos tres grandes protagonistas deste evento de masas fose un condeado reincidente por abusos sexuais. Segundo constan nas sentenzas dos Xulgados do Penal 1 e 2 de Ourense, a persoa elexida polo señor alcalde e concelleiro de Artes e Festexos, Gonzalo Pérez Jácome, para desempeñar o papel de Rei Baltasar, Khalifa A.N., foi condeado en 2019 e 2022 por abusos sexuais a mulleres que así o denunciaron.

Sen entrar en cuestión xudiciais, xa dirimidas polos xuíces, o extremadamente preocupante neste asunto é a irresponsabilidade política de quen permitiu que unha persoa condeada por ese tipo de delictos fose o gran protagonista do evento infantil e familiar máis importante do ano, toda vez que o alcalde xa contou con esta persoa en alguna outra ocasión, sendo próximo ao seu círculo de confianza. Se grave é que houbese descoñecemento ao respecto, o nivel de gravidade dispárase se realmente foi designado co coñecemento dos seus antecedentes penais, sendo como foi noticia na cidade.

O despropósito é de tal magnitude que o máximo responsable deste feito tan lamentable, o señor alcalde, négase a dar as explicacións que desde os diferentes grupos políticos lle estamos a reclamar desde que trascendeu este asunto. Negar as explicacións que esixen os representantes lexítimos da ciudadanía supón o remate dunha situación vergoñenta que nunca debeu suceder, e que vén a ratificar que o actual alcalde continúa a provocarlle á cidade un dano irreparable, situando a Ourense nos medios de comunicación nacionais por outra máis das accións irresponsables do seu primeiro edil.