Ourense Cidade

Os escolares acheganse á filatelia coa exposición “O mundo dos selos” na Biblioteca Nós

A mostra conta cun espazo expositivo nas que se fai un percorrido polo mundo da filatelia, da man dun monitor de FESOFI, e cun obradoiro de actividades no que nenas e nenos escribirán unha tarxeta postal de Nadal, que selarán e mataselarán para enviala.

Óscar Gómez

Ourense | 20.12.2023 07:54

Os escolares acheganse á filatelia coa exposición “O mundo dos selos” na Biblioteca Nós
Os escolares acheganse á filatelia coa exposición “O mundo dos selos” na Biblioteca Nós | onda cero

A Biblioteca Nós acolle a exposición “O mundo dos selos”, organizada por Correos e FESOFI, coa colaboración do Concello de Ourense, o Colexio Cisneros e a propia biblioteca. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu esta mañá á apertura desta mostra, que até mañá recibirá a visita de grupos de escolares en visitas guiadas e público en xeral.

A Comisión de Mocidade da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), en colaboración con Correos, realiza desde 1998 unha Campaña Pedagóxica Escolar titulada “O mundo dos selos” que pretende familiarizar os escolares coas posibilidades do selo como elemento de cultura e diversión, de forma que se integre nas súas actividades de lecer, á vez que colabore na súa formación persoal e, así, se consiga que a palabra correo non se identifique de forma inmediata cos e-mails.

A mostra conta cun espazo expositivo nas que se fai un percorrido polo mundo da filatelia, da man dun monitor de FESOFI, e cun obradoiro de actividades no que nenas e nenos escribirán unha tarxeta postal de Nadal, que selarán e mataselarán para enviala.

Con esta exposición en Ourense, solicitada polo Colexio Plurilingüe Cardeal Cisneros, péchase a conmemoración dos XXV Anos da Exposición Escolar e a campaña de 2023.