A concelleira popular Noelia Pérez valorou hoxe en Más de Uno Ourense cuestións como o proxecto de soterramento da praza de Concepción Arenal á que se referíu como "un despropósito camuflado no contrato do auga" e que suporá de aprobarse unha suba considerable do prezo do auga. Precisamente sobre a actualización de taxas e impostos dixo que o Concello incumpre as regras fiscais e que o Alcalde non terá máis remedio que subilas por que "non lle dan os números".
Pérez referiuse tamén á inseguridade cidadá e a outros asuntos como o estado das concesións municipais en precario ou a falla de negociación da RPT.