Por categorías destacamos nos Sub20 a presenza da lucense Aldara Meilán que no pasado campionato disputado en Lepe, lograba a medalla de bronce na categoría Sub18. Tanto Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense como Natalia Rivas do Ría Ferrol, serán dúas das que repitan convocatoria tendo por diante o difícil obxectivo de volver a estar por seleccións nun podio nacional. Xunto elas estarán completando equipo Andrea Cainzos de La Mochila del Deporte e a subcampioa galega Noa Abelleira do Lucus Caixa Rural.
Por parte masculina, presenza do medallista nacional Andrés González do Celta quen xa o ano pasado lograra un excelente quinto posto nesta mesma competición. Completan equipo Pablo Sánchez da Atlética Lucense, quen tamen repite, e o campión galego Nicolás Collazo do Ames Atletismo.
Polo que respecta aos equipos Sub16, debutan a totalidade dos integrantes da selección que estará liderada pola campioa Galega Alba Morales do Marineda e por Anxo Jamardo da Gimnástica. Xunto eles estarán tamén defendendo a camiseta galega Natalia González, Icía Ares, Daniela Domínguez, Marta García-García, Diego García, Mateo Pérez e Nadir Moreira.