Concello de ourense

O Concello abrirá os cemiterios ininterrompidamente no puente de difuntos

Os cemiterios municipais de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas estarán abertos ininterrompidamente de 9 a 18:30 horas durante os próximos días para facilitar que a veciñanza poida honrar os seus seres queridos durante as festividades de Todos os Santos e dos Fieis Defuntos.

Óscar Gómez

Ourense | 26.10.2022 08:06

O Concello abrirá os cemiterios ininterrompidamente no puente de difuntos
O Concello abrirá os cemiterios ininterrompidamente no puente de difuntos | Faro de Vigo

Aínda que habitualmente os camposantos municipais pechan a mediodía as fins de semana e festivos, non o farán nin o sábado 29 nin o domingo 30 de outubro nin o martes, 1 de novembro, datas nas que se prevé unha grande afluencia de visitantes. Este ano non haberá restricións pola pandemia da COVID-19, aínda que desde o Concello recoméndaselles ás persoas que se acheguen aos cemiterios que eviten na medida do posible as aglomeracións.

Servizos especiais de autobuses. A empresa concesionaria Urbanos de Ourense, porá en marcha os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, servizos especiais de reforzo. Serán dous autobuses, un con saída desde a antiga estación de autobuses e outro desde O Vinteún ata o cemiterio de Santa Mariña, facendo parada tamén no cemiterio de San Francisco.

Especial 1: O Vinteún (Sexto instituto) - Cemiterio

Con saídas desde O Vinteún (Sexto instituto) ás 09:15, 10:35, 12:10, 15:30 e 17:20 horas, e desde o cemiterio ás 9:55, 11:25, 12:55, 16:40 e 18:00h

Especial 2: Estación de autobús antiga - Cemiterio

Con saídas desde a estación de autobús antiga ás 9:55, 11:25, 12:55, 16:40 e 18:10h, e desde o cemiterio ás 10:40, 12:10, 13:40, 17:20 e 19:00 horas

Cultos especiais. O Bispado de Ourense informa, tamén, dos cultos especiais para estas datas.

Cemiterio de Santa Mariña:

Martes 1 de novembro: Misa ás 12:00 e ás 17:00h

Mércores día 2: Misa ás 12:00 e ás 17:00h

Cemiterio das Caldas: Martes 1: Celebración da Palabra ás 16:00h

Cemiterio de San Francisco: Martes 1: Celebración da Palabra ás 17:30h