Economía

Galicia supera as 7300 empresas exportadoras no que vai de ano

Durante os oito primeiros meses do ano, as vendas ao exterior da Comunidade superan nun 3% o rexistro do 2018, e nun 6,4% o do 2019, os mellores anos ata o de agora.

As exportacións galegas rozan os 15.000 millóns de euros entre xaneiro e agosto, o que representa unha mellora de case o 23% con respecto ao mesmo período do ano pasado.

A balanza comercial galega arroxa un superávit por sexto mes consecutivo, acadando un total acumulado en 2021 de máis de 2328 millóns

Cooperación

Colaboración para a recuparación da Festa da Vendimia de Monterrei

A Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia pretende potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen, tal e como se consegue con citas como a Feira da Vendima de Monterrei.

Orzamentos Xunta de Galicia

64 millóns de euros en infraestructuras para provincia de Ourense

Continuarase co proxecto da Rolda Leste, entre a estrada OU-105 en Bemposta e a N-525, para pechar a circunvalación polo sur conectando coa A-52, cunha previsión plurianual de investimento de 6,75 M€

Avanzarase en actuacións no eido sanitario como o Plan director do Hospital de Ourense, para o que a Xunta reserva unha partida de 21,8 M€ en 2022, ou o Centro Integral de Saúde, con 3,2 M€

As contas reservan máis de 6,6 M€ para obras de conservación, vialidade invernal ou melloras de firmes nas estradas autonómicas da provincia