Inauguración do campo de Hockey de Mariñamansa
O presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense e concelleiro de Deportes, Mario Guede, convidou os portavoces dos partidos que conforman o CMD a visitar esta mañá o estado do campo, recentemente reformado cun investimento municipal de máis de 473.000 euros
A reforma dotou o campo dunha nova superficie, certificada pola FIH Global Category, o que permitirá a celebración de partidos internacionais
“O vindeiro domingo, 31 de outubro, o Campo de Hóckey de Mariñamansa será inaugurado do mellor xeito e ao máis alto nivel: cos integrantes da Selección Absoluta de Hóckey de España, o que suporá un orgullo para Ourense, unha cidade cunha gran tradición e calidade neste deporte”, recalca Mario Guede
Os portavoces dos diferentes grupos municipais que conforman o Consello Municipal de Deportes (Ruth Reza, do BNG; José Araújo, de Ciudadanos; Borja López, do PSOE; e Armando Ojea, de Democracia Ourensana) acompañaron esta mañá o presidente do Consello Municipal de Deportes e concelleiro de Deportes, Mario Guede, a unha visita ás obras que remataron no Campo de Hóckey de Mariñamansa e que serán inauguradas o vindeiro domingo 31 de outubro cun partido da Selección Española de Hóckey.
O concelleiro de Deportes, Mario Guede, lembra e agradece que todos os grupos que conforman o CMD apoiaron de xeito unánime a realización desta obra mediante a aprobación dunha modificación de crédito por importe de máis de 473.000 euros.
“O Campo de Hóckey de Mariñamansa será inaugurado do mellor xeito e ao máis alto nivel: cos integrantes da Selección Absoluta de Hóckey de España, o que suporá un orgullo para Ourense, unha cidade cunha gran tradición e calidade neste deporte”, recalca Mario Guede
Estas obras, executadas pola empresa OPSA, contemplou unha nova superficie, certificada pola FIH Global Category, o que permitirá a celebración de partidos internacionais. O proxecto implicou a instalación dun céspede monofilamento texturizado, a substitución das porterías, unha nova instalación de rego, proxectores led, bancos a pé de campo, sistema de vídeo gravación e alarma en toda as instalacións. Ademais, reformouse a cuberta, xa que en períodos chuviosos filtraba auga ao interior das instalacións, xunto coa protección dos lucernarios.