Transporte Público

En Galicia 107.000 mozos viaxan gratis en autobús coa tarxeta "Xente Nova"

Ethel Vazquez detalla que en 2021, grazas á extensión do funcionamento da ‘Xente Nova’ a toda Galicia, se emitiron 32.000 tarxetas e só en setembro se expediron 8.000, máis dun 100% máis que nese mes no ano anterior

Salienta o aforro económico que supón a tarxeta para as familias, pois un mozo de Verín que estude en Ourense pode aforrar 1.800 euros nos 9 meses de curso escolar

Remarca que desde o ano 2016 os rapaces galegos realizaron xa 9,7 millóns de viaxes gratis en autobús coa tarxeta Xente Nova, coa que aforraron 10,2 millóns de euros

Agresion sexual

O BNG pide información clara e campañas de concienciación sobre as agresións sexuais

Diante do anuncio do novo protocolo do CHUO, “calquera intento de mellorar a atención é benvido, pero é necesario que se acompañe de información clara sobre a situación e campañas dirixidas tanto a potenciais agresores como vítimas”

O BNG pide tamén garantir formación para as e os profesionais, seguimento e avaliación do protocolo e que se poida analizar en Ourense calquera substancia das empregadas para este tipo de agresións.