Teatro
A XV edición do FITO ofrece 11 espectáculos teatrais
Do 13 ao 23 de outubro, o Principal, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, o Liceo de Ourense, o espazo Mur Marxinal e o colexio Maristas acollerán unha programación que inclúe a presentación de dous libros e a segunda edición da iniciativa 67 graos Ourense Fervescénica, para dar visibilidade aos creadores emerxentes.










