Deputacion Ourense

O futuro da industria forestal galega, a análise nunha xornada na Veiga

A Deputación de Ourense colabora con esta acción formativa porque é “importante analizar as potencialidades da industria forestal no noso territorio, para elaborar estratexias conxuntas desde as administracións públicas”, sinalou Baltar.

ondacero.es

Ourense | 12.12.2018 08:13

manuel baltar na inaguración das xornadas
manuel baltar na inaguración das xornadas | deputacion de ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Grupo Colmeiro, Luís Caramés; e o alcalde da Veiga, Juan Anta, inauguraron hoxe, na sala do Toural na Veiga, unha xornada que analizará o futuro da industria forestal e dos polígonos agro-forestais, da man de expertos do sector primario.

A Deputación de Ourense colabora con esta xornada porque “consideramos que é importante analizar as potencialidades da industria forestal no noso territorio, para elaborar estratexias conxuntas desde as administracións públicas”, sinalou o presidente do goberno provincial, quen salientou a importancia que ten a industria forestal e da madeira no territorio galego ao superar no ano 2017 os 2.200 millóns de euros de facturación, segundo o informe “La cadena forestal-madera de Galicia 2017”, coordinado pola Escuela de Ingeniería Forestal da Universidade de Vigo e a Axencia da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia.

Neste mesmo sentido, Manuel Baltar destacou a idoneidade do municipio da Veiga “para apostar polo sector primario en xeral, e pola industria forestal en particular, como elemento clave no desenvolvemento económico, social e medioambiental do seu territorio”. Así mesmo, o alcalde da Veiga adiantou que a industria forestal será unha das máximas do concello por ser “un sector prioritario e fundamental para o noso municipio e, por elo, debemos abrir novas liñas de desenvolvemento económico que permitan aproveitar zonas que aínda están sen explotar, recuperar e asentar a poboación, e que nos axuden tamén a minimizar as posibilidades de incendios forestais”.

Programa

A programación da xornada comeza co director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema, quen falará dos eixes da política industria-forestal de Galicia. Posteriormente, o presidente da Fundación Salcines, Venancio Salcines, analizou o tema dos polígonos agro-forestais como eixo do desenvolvemento económico do territorio. Desde Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, centrou o debate na mobilidade de terras clave do desenvolvemento rural, mentres que o presidente do Cluster da Madeira, José Manuel Iglesias, foi o encargado de pechar a xornada analizando os retos da cadea da madeira.

Na xornada os expertos debaterá sobre o modelo de xestión forestal de Galicia e as posibilidades que ofrecen os montes galegos coa creación de polígonos forestais para crear industria. Esta medida permitiría, ademais de paliar os incendios forestais porque os reduciría, contribuiría a ser un pulo no desenvolvemento económico de zonas rurais.