Meteoroloxía

Leiro marca a temperatura máxima de Galicia

Alerta laranxa e marela na provincia de Ourense

Paco Sarria

Ourense |

O Concello de Leiro marcou onte a temperatura máxima de Galicia con 40,3 graos.

Concellos próximos da conca do Miño acadaron os 39,2 en Castrelo, e 39,4 en Arnoia.

Para hoxe mantense o aviso amarelo na bisbarra valdeorresa e no sur da provincia e o aviso laranxa para a conca do Miño polo que se recomenda evitar actividades no exterior.