O Goberno central segue sen comprometer unha data para licitar neste ano as obras dos carrís de adiantamento da estrada N-120 entre Os Peares e Ourense.
O deputado popular ourensán Celso Delgado lembra que o Goberno comprometérase por escrito e en nota oficial a licitar estas obras xa no 2023,polo que considera que se trata dun incumprimento “flagrante”.
A execución destos carrís resulta esencial para os usuarios desta vía (especialmente para quenes se moven entre Valdeorras e a capital da provincia) xa que non poden adiantar nese trama, o que supón incrementar a duración da viaxe entre 10 e 15 minutos.