Ourense de festa en festa

Festas na provincia de Ourense do 15 o 21 de xullo

As festas de Santa Mariña de Xinzo de Limia e as da Virxe do Carme en diversos municipios de Ourense, entre o máis destacado da axenda festiva semanal na provincia.

ondacero.es

Ourense | 15.07.2019 11:54

Ourense de festa en festa
Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense

Virxe do Carme de Pereira de Montes en A Merca

Do 12 ao 16 de xullo

Virxe do Carme de Vilela en A Rúa

Do 12 ao 16 de xullo

O Carme de Matama en Laza

Do 13 ao 16 de xullo

O martes 16 haberá o tradicional pasarrúas, misa seguida de procesión, acompañada polo grupo musical Bouses. Pola noite, pechará os festexos a actuación da orquestra Kubo.

Virxe do Carme de Doade en Beariz

Do 14 ao 16 de xullo

O luns 15 haberá actuación do grupo Atenas Small Band.

O martes 16 terá lugar o tradicional pasarrúas con gaiteiros e misa a partir das 12:30 horas. Pola noite actuarán a orquestra Tokio e a disco móvil BYV, e pechará as festas a tirada de fogos artificiais.

Santa Mariña en Xinzo de Limia

Do 17 ao 21 de xullo

O día grande na honra da súa patrona será o 18 de xullo, coa alborada ás 11:30 horas a cargo dos Gaiteiros de Laroá e desfile de xigantes e cabezudos. Seguida de misa solemne e procesión. Pola tarde haberá o torneo de Chave “V Memorial Manolo Santana” na alameda do Toural e espectáculo infantil a cargo do Mago Albert.

O 19 será a II Festa da Agrupación Musical da Limia con pasarrúas pola mañá e canóns de escuma para o disfrute dos máis cativos pola tarde no polígono e no parque do Toural. Xa de noite actuará o grupo limián Habitación Vudú.

O sábado 20 será a quenda do V Festival Internacional de Gaitas “Vila de Xinzo de Limia”, ás 20:30 horas na praza Carlos Casares; e o domingo 21 haberá pasarrúas con xigantes e cabezudos e actividades para nenos a partir das 19:30 horas na praza de Oriente.

Charangas e orquestras porán a guinda musical aos días de festa na capital da Limia.

Santa Cristina e Santa Mariña de Vilariño en O Pereiro de Aguiar

Do 19 ao 21 de xullo

O sábado 20 e o domingo 21 haberá misa solemne a ambas santas ás 12 do mediodía.Nas tardes da fin de semana terá lugar o Campionato de Subastado ás 16:30 horas e ás 18:30 o tradicional partido entre solteiros e casados (o sábado de mulleres e o domingo entre os homes).

O Carme de Villavidal en Ramirás

Do 19 ao 21 de xullo

O domingo será o día grande co pasarrúas co grupo Rebulir e misa solemne ás 12:30 horas na horna da Virxe do Carme cantada pola Coral de Poulo, seguida de procesión.

Festas Etnográficas "O Ciclo do Pan" - XVI A Seitura en Allariz

Sábado 20 de xullo

As actividades contarán co acompañamento musical do grupo De Pé Feito.

Santa María Magdalena de Freáns en Pontedeva

Do 19 ao 22 de xullo.

Durante estes festexos os veciños e asistentes poderán participar en varios actos relixiosos, unha gran sardiñada e churrascada e da actuación de numerosas charangas e orquestras. Ademais, haberá xogos e hinchables para os máis pequenos.

Romaría de Santa Uxía de Lobas en O Carballiño

Do 21 ao 23 de xullo

A festa comeza o domingo 21 de xullo ás 21 horas coa procesión de antorchas, seguida ás 23 horas da gran sardiñada no campo da festa. Luns e martes haberá pola mañá misa solemne e procesión, e polas noites verbena animada por distitnas orquestras.

XXXV Mostra Internacional de Teatro en Ribadavia

Do 18 ao 27 de xullo

Recoñecidas compañías de teatro chegadas dende Valencia, Cataluña, Madrid, Castela León, Galicia, Arxentina, Francia e México daranse cita en Ribadavia do 18 ao 27 de xullo durante a XXXV Mostra Internacional de Teatro.

As máis de 20 representacións que compoñen o programa desta edición terán lugar en diversos emplazamentos, como o Auditorio do Castelo, o Auditorio Manuel María da Casa da Cultura, a Alameda ou a praza Maior.

Os interesados poden adquirir as súas entradas no seguinte enlace.

E consultar o programa completo en: www.mitribadavia.com

Ourense de festa en festa
Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense