Ourense de festa en festa

Festas na provincia de Ourense do 5 ao 11 de agosto

Unha das festas máis agardadas da provincia terá lugar o vindeiro domingo 11, trátase da Festa do Pulpo de O Carballiño, pero nesta semana outras citas completan o calendario festivo, como a Festa Mexicana de Avión, o Ribeiroblues Wine Festival de Castrelo de Miño, o Encontro Reina Loba de Os Blancos ou a Festa da Cachena de Muíños.

ondacero.es

Ourense | 05.08.2019 10:28 (Publicado 05.08.2019 10:26)

Ourense de festa en festa
Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense

Buen Jesús de Muimenta en Carballeda de Avia

Do 5 ao 7 de agosto

Nas festas de Carballeda de Avia serán numerosos os actos relixiosos na honra de Bon Xesús. Así mesmo haberá actuacións musicais das orquestras Fin de Siglo, Compostela e La Oca, xunto coa Banda de Música de Xinzo, así como xogos populares e festa da espuma para os máis pequenos.

San Lourenzo en A Pobra de Trives

Do 9 ao 11 de agosto

Cea amenizada coa actuación dun DJ, actos relixiosos e actuacións musicias dos grupos Alcume e Nievla son o máis destacado do programa festivo da festas de Sann Lourenzo en A Pobra de Trives.

XV Fiesta Mexicana de Avión

9 de agosto

A partir das 18:30 horas do venres 9 de agosto, a praza da Igrexa dos Santos Xusto e Pastor de Avión acollerá a XV Festa Mexicana, coa música en directo de mariachis, comida mexicana como tacos e antojitos, actividades infantís, sorteos e moito máis.

V Encontro de arte, música e sustentabilidade “Reina Loba” en Os Blancos

Do 8 ao 10 de agosto

O V Encontro de arte, música e sustentabilidade Reina Loba terá lugar en Os Blancos do 8 ao 10 de agosto, con entrada voluntaria e actividades para todos os públicos, entre as que atopamos as actuacións de ata 23 bandas (como Club del Río, La Mare, Alpargata, Pan de Capazo, Mounqup, Konafro, Trópico de Grelos, Elena Saavedra...), así como diversos obradoiros (baile, linguaxes en movemento, canción creativa, fotografía, cerámica, ioga...), mercado de artesanía ou xogos infantís.

VI Ribeiroblues Wine Festival en Castrelo de Miño

9 e 10 de agosto

Os días 9 e 10 de agosto, a partir das 21 horas, no Parque Náutico de Castrelo de Miño, terá lugar a sexta edición do Ribeiroblues Wine Festival, unha cita musical que traerá ata o municipio actuacións de sonados grupos como Corey Harris Band, José Luis Pardo Band and The Mojo Workers, Aurora and The Betrayers, Blues Time, Vudú ou Renegados.

XIV Feira do Viño de Monterrei en Verín

Do 9 ao 11 de agosto

A 14ª Feira do Viño de Monterrei dará comezo este venres 9 de agosto coa lectura do prgeón a cargo do actor galego Rubén Riós. De seguido, ata o domingo 11 numerosas actividades para toda a familia completan o cartel deste festexo. Todo regado cos mellores viños da comarca, para que os adultos poidan descubrir e gozar do sabor destes caldos.

V Festa da Cachena en Muíños

10 de agosto

O sábado 10 de agosto terá lugar no Santuario do Couso a quinta edición da Festa da Cachena, na que haberá xantar popular ás 14 horas, con menú para adultos (16 euros) e para nenos (10 euros), que inclúe un prato de cerámica conmemorativo, xunto a cachena á brasa, cachena guisada, empanada de cachena e bica.

Pola tarde, Super Star e DJ Losh porá a nota musical, e os máis pequenos poderán gozar de hinchables supervisados por monitores.

San Lorenzo de Vilariño de San Xés en Lobeira

Do 9 ao 11 de agosto

Actos relixiosos, parrillada e as actuacións musicais da discoteca móvil Show, os Gaiteiros de Cadós e o grupo Tentación, entre outras actividades, son algunhas das proposta das que poderán gozar veciños e visitantes nas festas de San Lorenzo de Vilariño de San Xés, en Lobeira.

San Lorenzo en Coles

Do 9 ao 11 de agosto

Do 9 ao 11 de agosto Coles acolle a súas festas na honra de San Lorenzo. O venres comezarán coa actuación da orquestra Saudade, o sábado 10 será o turo da orquestra La Dimensión, e o domingo será o grupo Venus Band.

Ademais, tamén o domingo haberá procesión e misa solemne ás 13 horas, e xogos infantís pola tarde.

LVII Festa do Pulpo en O Carballiño

11 de agosto

Este domingo 11 de agosto chega a 57 edición da Festa do Pulpo do Carballiño, declarada de Interese Turístico Internacional, que se agarda que congrego ao redor de 100.000 persoas que degustarán os máis de 50.000 quilos de polbo á feira que as famosas pulpeiras do Carballiño servirán durante o evento.

Pero xa durante toda a semana esta 57 edición vén cargada de numerosas actividades. Así, o luns 5 ás 20:30 haberá música de rúa a cargo de Sabina & Cia. O martes 6 será o turno ás 19 horas da X Edición Récord do Prato de Pulpo Máis Grande do Mundo (o prezo da ración é de 5 euros e inclúe o prato do aniversario, polbo, pan e viño).

O xoves 8 ás 23 horas hai unha cita coa actuación do grupo folk Treixadura e o venres 9 á medianote será o Combo Dominicano o que poña a nota musical. Ambos actuarán na praza Maior.

O día 10 terá lugar a actuación do grupo de música tradicional Feitizo de Pau (ás 11 na praza de Abastos) e haberá festa de camisetas ás 18 horas.

E xa o domingo 11, día grande da Festa do Pulpo, comezará coa animación musical a partir das 11. Ás 13 horas terá lugar a recepción de autoridades e a partir das 14:30 horas, xantar popular no rencinto oficial. Ás 21 horas, a orquestra La Oca pechará esta celebración con boa música.