Suceso

Falece mentres facía viño en Monterrei (Ourense)

Apenas había osíxeno no lagar

Paco Sarria

Ourense |

Bodegas Ilurce
Bodegas Ilurce | www.ilurce.com

Un home foi rescatado sen vida do interior dun lagar na parroquia de Flariz, no concello de Monterrei.

O falecido estaba facendo viño cando ocorríu o suceso.

O aviso chegou ao 112 Galicia sobre as 21.50 horas de onte ó través do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 que alertaban de que os veciños levaban aproximadamente unha hora sen ter novas do home.

Minutos máis tarde comunicaron que estaba dentro do lagar e que estaban tentando retirar o corpo e unha vez fora os servizos sanitarios confirmaron o seu falecemento.

O 112 solicitou a intervención dos bombeiros de Verin e os efectivos que realizaron medición no interior comprobaron que a concentración de osíxeno era de apenas un 10% debido ó proceso de fermentación do viño.