Non houbo sorpresa e o coñecido pacto previo entre o PP e o goberno local de Democracia Ourensana, permitíu a aprobación inicial dos orzamentos municipais para este ano por un importe de 116 millóns de euros.
Un concello, o de Ourense, que levaba 6 anos sen conta xeral.
A edil de Facenda, Tamara Silva defendeu as contas explicando que a cuantía final débese a unha actualización de prezos e custes e que estas non contan con investimentos.
O BNG plantexou unha enmenda á totalidade, calificando se sainete o pacto PP-DO pola ameaza dunha moción de confianza na que os populares teñen medo a retratarse.
Explicou Luis Seara que estos orzamentos suponen un cheque en branco para o Alcalde polo que plantexaron a devolución das contas.
Os socialistas pediron máis gasto en benestar social e menos cemento. Tamén máis planificación e un proxecto de cidade inexistente neste caso, criticando ós populares por preferir ser útiles ó Alcalde, pero letais para Ourense a cambio de manter a Deputación.
E o PP defendeuse das críticas da oposición acusando de alarmismo ó BNG e defendendo o diálogo co grupo de gobernó polo que consideran a súa unha oposición responsable, anque estiman que terían feito outros orzamentos.
O pleno tamén aprobou modificacións de creto por importe cercano ós 7 millóns de euros, pese a que o interventor advertíu de un posible fraude de lei.
Na sesión o Alcalde asegurou que ofrecerá a independencia ós barrios de A Ponte, A Lonia e As Curruxeiras.

