Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Ourense Cidade

Éxito dos campamentos de verán do Concello de Ourense

Mil nenos e nenas participaron nos campamentos de verán organizados polo Concello nos colexios da cidade

Óscar Gómez
 |  Ourense | 01/09/2020
Nenos e nenas do campamento urbano da Aula de Naturaleza de Oira

Nenos e nenas do campamento urbano da Aula de Naturaleza de Oira / onda cero

Mil nenas e nenos da cidade participaron nos campamentos que organizou durante este verán a Concellería de Educación do Concello de Ourense en 13 centros educativos da cidade. A concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez, visitou esta mañá un dos centros, o CEIP Amadeo Barroso, na xornada en que remata este programa municipal.

O Concello ampliou este ano o número de participantes e de colexios coa finalidade de reforzar este servizo para axudar as familias con nenas e nenos de 5 a 13 anos de idade a conciliar a vida laboral e familiar nun ano marcado pola pandemia da covid-19, a incorporación presencial aos postos de traballo, o peche dos centros de ensino e da imposibilidade en moitos casos de recorrer aos avós e avoas, poboación de risco ante a enfermidade.

Todas as actividades do programa estiveron orientadas a fomentar hábitos de vida saudables, o respecto polo noso entorno e o medio ambiente, promover actitudes solidarias e de convivencia e incentivar habilidades artísticas. Tamén houbo reforzo educativo en distintas áreas como matemáticas e lingua, que este ano era necesario debido á suspensión do curso escolar.

O índice de participación foi moi elevado alcanzando as 1.000 inscricións e non quedou ninguén sen praza. Desde a Concellería de Educación traballouse para que as actividades nos centros cumprisen en todo momento con todas as medidas de seguridade necesarias para que os nenos e as nenas estivesen nun entorno o máis seguro posible.

As actividades de verán para a rapazada que organiza a Concellería de Educación continuarán até o comezo de curso escolar na Aula de Natureza do río Miño.