Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Este verán fai “couting”

O CCA Couto Centro pon en marcha a súa campaña de verán, con grandes descontos, actuacións musicais e diversas actividades lúdicas.

Onda Cero | Ourense | Actualizado el 19/07/2018 a las 01:15 horas

couto centro

couto centro / onda cero

O Centro Comercial Aberto Couto Centro presenta a súa campaña de verán, na que convidan aos ourensáns a “ccoutear” por este barrio e dentro da cal se ofrecerá a veciños e clientes xornadas repletas de actividades e animación. 

Noite Tola

A campaña botará a andar o 27 de xuño coa primeira “Noite Tola”, durante a cal os establecementos do Couto estarán abertos ata as 23.30 horas e ofrecerán descontos, pinchos e boa música. Todo animado con zancudos, charanga, zona DJ, fotoccouting e ata 1.000 euros en vales de compra para mercar ese día nos negocios adheridos á promoción.


Semana “Fai ccouting”

Do 30 de xuño ao 6 de xullo celébrase a Semana “Fai ccouting, durante a cal continuarán os grandes descontos, os establecementos permanecerán abertos ata as 10 da noite e celebrarase un concurso de pinchos. Ademais, terán lugar diversas actuacións a partir das 20.30 horas. Así, o luns e o mércores haberá unha gaiteirada da man de Queixumes dos Pinos; o martes actuará unha charanga xunto á Coral Ceibe; o xoves esta coral ofrecerá un concertó na Capela do Santo Anxo; e o venres a praza Pedro Monteagudo acollerá teatro, tunas e o concertó de Ménage á Trois.

Tai Chi

E como todos os anos non faltarán as clases de tai chi. Serán martes e xoves do 1 ao 15 de xullo de 8.30 a 9.30 horas no Parque Barbaña.