O Concello do Carballiño continúa celebrando a sesaxésimo terceira edición da Festa do Pulpo que este ano está adicada á localidade italiana de Noventa Padovana, que ten a sua propia festa do pulpo (anque estilo guisado) e con quenes os carballiñeses están irmanados.
Así os explicou en Más de Uno Ourense ó edil de turismo, Manuel Dacal.
O día grande da festa é este domingo, cando o recinto do parque municipal acolla a milleiros de romeiros. Hai certa preocupación polas altas temperaturas previstas, claro que poucos lugares como o parque carballiñés si pensamos en refuxios climáticos.
E para animar a festa esta noite de venres os concertos de Zapato Veloz (co seu tractor amarelo) e os ferroláns Los Limones.

