Datos Paro

CCOO alerta do aumento da precaridade laboral

As mulleres supoñen a maioría da poboación desempregada inscrita nas oficinas públicas de emprego da provincia e por esto chama a participar nas mobilizacións convocada para o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres

ondacero.es

Ourense | 04.03.2019 12:42 (Publicado 04.03.2019 12:41)

pedro barreiros
pedro barreiros | onda cero

A baixada do paro en febreiro en Ourense, aínda sendo positiva é inapreciable xa que o descenso en 64 persoas non soluciona o problema de desemprego na nosa provincia. De feito no mes de febreiro o colectivo de persoas sen emprego anterior, increméntase en 49 persoas. Ademais e, seguindo a liña dos últimos anos, o 89% dos contratos asinados son temporais. Insiste o secretario xeral de CCOO de Ourense, Pedro Barreiros, neste mes no que se conmemora o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, que o paro ten cara feminina. As mulleres supoñen a maioría da poboación desempregada inscrita nas oficinas públicas de emprego da nosa provincia.

Das 19.297 persoas desempregadas na provincia, 10.831 son mulleres, exactamente o mesmo dato que no mes anterior. O descenso do número de persoas desempregadas na nosa provincia en 64 persoas, coincide coa redución do paro no sexo masculino, que pasou de 8.530 homes en paro no mes de xaneiro a 8.466 no mes de marzo. Nos datos de contratación, suliña Pedro Barreiros, as mulleres tamén saen peor paradas cos homes, xa que dos 586 contratos indefinidos asinados no mes, 297 foron asindos por homes, mentras que as mulleres que asinaron contratos indefinidos foron 289.

Esta diferenciación por sexos na contratación visualízase mellor nos contratos temporais. Dos 4.633 contratos temporais asinados no mes de febreiro, 2.313 foron asinados por mulleres. Esto ratifica as conclusións do informe publicado por CCOO na semana pasada sobre o “analise do mercado laboral ourensán dende a perspectiva de xénero”. Segundo o secretario xeral de CCOO de Ourense, Pedro Barreiros, esta situación non se pode manter por mais tempo. Non pode aturarse mais que o paro e a contratación temporal, a tempo parcial e precaria se cebe especialmente coas mulleres. Asemade, Pedro Barreiros indica que, aínda que a economía medra, os salarios seguen a perder poder adquisitivo e a desigualdade tende a medrar. Nunha provincia cos salarios moi baixos, os das mulleres aínda o son mais, arroxando un diferencial en negativo con respecto aos homes dun 18,2% de media.

Os datos do paro amosan ás claras que esta brecha salarial ven derivada da utilización da contratación a tempo parcial non desexada, onde as mulleres representan o 20,6%, fronte ao 5,3% dos homes. Por todo esto, segundo Pedro Barreiros, a data deste 8 de Marzo é fundamental para forzar aos gobernos e as empresas a tomar en serio o reto da igualdade real entre mulleres e homes. Por eso chamamos a participar na FOLGA convocada. Entende Pedro Barreiros que, é necesario que se pare, que se faga folga e que se participe nas mobilizacións convocadas, xa que esta folga representa o mais fraternal que podemos realizar; non é unha loita de mulleres contra homes, senón a unidade da clase obreita buscando o que lle é propio, a igualdade.